Novas

15-03-2018 -

O Concello mellorará a seguridade peonil e do tráfico na rúa Ameneiral

O proxecto inclúe tamén a reparación dunha das entradas á escola de Magalofes e o cruzamento de acceso desde Limodre a Vilar do Colo
13-03-2018 -

Avance da programación da Concellería de Cultura de Fene para a primavera-verán 2018

Oswaldo Digón, Paco Cerdeira, Bellón&Maceiras e María Larraitz, son algúns dos artistas que pasarán pola Casa da Cultura de Fene esta primavera, segundo adianta a Concellería de Cultura de Fene. O departamento que dirixe o edil Justo Ardá anuncia tamén as actividades e espectáculos previstos para o Ciclo do Día da Patria Galega que terá lugar no mes de xullo e polo que pasarán este ano Circo Chosco, Nautilus Band, Ith e Sés.
12-03-2018 -

Contos para concienciar as novas xeracións sobre a importancia da auga e das árbores

A Concellería de Medio Ambiente de Fene anuncia a III edición do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, ciclo de actividades dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria do concello para conmemorar o Día Forestal Mundial (21 de marzo) e o Día Mundial da Auga (22 de marzo).
 
 
 
 
 
12-03-2018 -

Rapazas de conto

Alumnado de 1º a 4º de primaria do CEIP Centieiras de Fene, CEIP Plurilingüe O Ramo de Barallobre, CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños, CIP A Xunqueira de San Valentín e Colexio Jorge Juan de Perlío participará nunhas sesións de contos pola igualade a cargo de Marisa Irima. A actividade desenvolverase en horario escolar nos propios centros os días 12, 13 e 14 de marzo.
09-03-2018 -

Fene súmase aos actos de lembranza da revolta popular de marzo de 1918

O Concello de Fene última os preparativos do acto que está a organizar para lembrar o centenario da coñecida como “Revolta das pedradas”, acontecida en Fene, Ferrol, Narón e Neda no mes de marzo de 1918. O acto terá lugar o vindeiro venres, 16 de marzo, ás 18 horas, na antiga estación de Barallobre e consistirá no descubrimento dunha praca conmemorativo desta revolta popular que estivo liderada polas mulleres das clases populares da comarca.
09-03-2018 -

Recoñecemento ás lavandeiras de Fene

Hoxe venres 9 de marzo, ás 18.00 h, a Casa da Cultura acollerá unha charla coloquio sobre o labor das nosas lavandeiras, o seu traballo, as súas vidas...
Con este acto, o Concello de Fene, a través da súa Concellería de Benestar Social e Igualdade, quere recoñecer publicamente a estas mulleres, as LAVANDEIRAS, nos actos conmemorativos do 8 de Marzo, “Día Internacional da Muller”.
08-03-2018 -

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O Pleno Municipal celebrado o día 1 de marzo de 2018, aprobouse por maioría o Manifesto Institucional do “Día Internacional da Muller”, no que, entre outras cousas, recolle que o Concello de Fene apoia a convocatoria desta folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.

Do mesmo xeito, o Concello de Fene realiza un chamado a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.
07-03-2018 -

Os concellos dánlle a última volta ao regulamento do Punto Limpo do Vilar do Colo

Rexedores e persoal técnico dos concellos de Fene, Cabanas, Neda, Ares e Mugardos reuníronse este martes en Fene para ultimar os detalles do regulamento e da fórmula de colaboración intermunicipal que permitirá poñer en marcha o Punto Limpo do Vilar do Colo.
06-03-2018 -

Eternamente expostas tras un vidro

O mércores 7 de marzo, ás 19:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura, teatro O Escaparate: “Eternamente expostas tras un vidro”.
Actos enmarcados na programación  do 8 Marzo "Día Internacional da Muller"
04-03-2018 -

Luz verde ao reforzo da ribeira do Cádavo

A Xunta de Goberno Local celebrada en Fene a primeira hora deste xoves acordou iniciar o expediente de contratación das obras de protección das marxes do río Cádavo entre a rúa Cardoeiro e a rúa Camiño Real. O obxectivo da actuación é reforzar a ribeira para que a auga non continúe danando a cimentación da rúa e, ao mesmo tempo, repoñer o firme e as varandas da beiravía. As obras licitaranse cun prezo de saída próximo aos 80.000 euros e fináncianse con cargo ao POS+ 2017.