Novas

29-06-2018 -

Fernando Iglesias Mouta e Ana Martínez Fernández, gañadores do XXII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

Tras unhas deliberacións ben reñidas pola extraordinaria calidade dos traballos presentados, o xurado do XXII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Fernando Iglesias Mouta resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) e Ana Martínez Fernández era galardoada co primeiro premio da Curuxa Nova (menores de 25). Así mesmo, Manuel Arriaga de León e Cristián Fojón Caruncho alzábanse co segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente.
27-06-2018 -

O Concello propón un sinfín de actividades para disfrutar do Día do Deporte na Rúa

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, organiza este domingo, 1 de xullo, o Día do Deporte na Rúa. E farao cunha morea de propostas como slakline, fútbol, inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, “decora a túa camiseta”, atletismo divertido ou tiro con arco, entre outras actividades.
26-06-2018 -

Fene e Cabanas mellorarán o firme e a sinalización da rede viaria do polígono de Vilar do Colo cunha axuda da Xunta

Os Concellos de Cabanas e Fene realizarán conxuntamente unha actuación de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo. Para iso, contarán cunha achega de 112.815,31 euros procedentes da Consellería de Economía.
26-06-2018 -

Xuntanza coas familias do programa Verán máis alá! este mércores na casa consistorial de Fene

A Concellería de Cultura informou esta mañá de que o salón de plenos da casa consistorial acollerá mañá mércores, 27 de xuño, ás 20 horas unha xuntanza de presentación do programa de conciliación municipal “Verán máis alá!” á que están convocadas todas as familias participantes.
25-06-2018 -

A bandeira arco da vella ondea dende esta mañá na fachada da consistorial de Fene

Colocouse no transcurso dun acto simbólico co que se quixo sensibilizar á poboación cara a tolerancia e o respecto polas Diversidades Sexuais.
25-06-2018 -

A Unidade Móbil de Doazón de Sangue desprázase esta semana a Fene e San Valentín

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Fene por partida dobre esta semana. En concreto, permanecerá diante do centro de saúde de Fene mañá martes, 26 de xuño, e o mércores 27 en horario de 9,30 a 14,30 e de 15,30 a 21 horas. Así mesmo, o venres 29 de xuño permanecerá diante da Farmacia de San Valentín de 15,30 a 21 horas.
25-06-2018 -

Últimos días para inscribirse no programa de prevención de condutas aditivas “Mocidade Activa”

O prazo para anotarse no programa de prevención de condutas aditivas “Mocidade Activa”, dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 17 anos, conclúe mañá martes, 26 de xuño. O proxecto, que impulsan os concellos de Fene, Mugardos e Neda, incluirá a celebración de catro obradoiros durante os meses de xullo e agosto.
22-06-2018 -

O Concello de Fene únese á conmemoración do Día das Diversidades Sexuais

O Concello de Fene unirase á conmemoración do Día das Diversidades Sexuais. Para iso, ademais de sumarse á campaña da Deputación provincial da Coruña “Construíndo diversidade”, colocará o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 12 horas a bandeira arco da vella na casa consistorial.
22-06-2018 -

O Concello procede á limpeza do cauce do río Cádavo nos tramos urbanos para evitar as recurrentes inundacións no inverno

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello está a levar a cabo os traballos de limpeza do cauce do río Cádavo nos tramos que discorren por solo urbano. Actuará así en suma ó longo de 480 metros repartidos en catros treitos localizados. O rexidor explica que o obxectivo é claro: evitar as inundacións que, cada inverno, se rexistran polo desbordamento do río, especialmente no seu treito final, en Perlío. Os traballos contan cun orzamento de 8.000 euros.
22-06-2018 -

Novo horario de verán na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Fene cambia dende hoxe ó horario de verán. Unha medida que afecta á Biblioteca, Museo do Humor, sala de exposicións e aula de estudo.
Así, a partir de hoxe os horarios serán de luns a venres de 10 a 14,15 horas. Manteranse ata o 11 de setembro, incluído.