A mesa de contratación do Concello analiza durante estes días un total de 10 propostas presentadas por outras tantas empresas para a execución das obras de ampliación da rede municipal de sumidoiros aos lugares do Feal, en Magalofes, e do Camiño do Regueiro, en Sillobre. A licitación fixouse en preto de 149.000 euros, que se financiarán con cargo ao POS+ 2017 da Deputación da Coruña. O prazo máximo de execución de ambas infraestruturas fixouse en 4 meses.