O pasado día 23 constituiuse na Casa da Cultura de Fene a agrupación poética Moraima [A Grafía da emoción], formada por participantes no obradoiro de escritura literaria organizado recentemente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. A finalidade do colectivo é promover a creación en lingua galega, ademais de espallar a fala, a cultura e a tradición por toda a comarca.