Unha placa en lembranza da revolta de marzo de 1918, máis coñecida como “Revolta das Pedradas” amósase dende o pasado venres na antiga estación de Barallobre. Ao redor dunha trintena de persoas asistiron nesta xornada ao descubrimento dunha placa na que se salienta especialmente o papel das mulleres de Fene e comarca “organizando e liderando con valentía as accións dunha das revoltas principais da nosa historia, e sufrindo a represión posterior”.