A Policía Local de Fene propón rutas alternativas para os conductores que precisen circular pola Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene dende as 17.45 ás 19.00 horas. Ademais, a rúa Río Cádavo -onde se concentrarán as comparsas que participarán no desfile- manterase pechada ao tráfico dende as 17.30 ás 18.15 horas.
A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da celebración do Entroido.
As agrupacións participantes sairán o mércores 14 de febreiro ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais e Avda. do Concello.
A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.
Os datos de morosidade e do período medio de pagamento a provedores acadados no último trimestre de 2017 veñen confirmar a boa marcha do ano no cumprimento das obrigas con provedores
Os servizos técnicos municipais teñen aberto o procedemento de contratación das obras de reparación da Rúa Alta, en Perlío, orzamentado en algo máis de 78.000 euros, ive incluído.
O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.
As pólas de varias árbores produciron nos últimos días constantes cortes no alumeado público. A Alcaldía remitiulle un escrito á Consellaría de Infraestruturas para que tome as medidas oportunas, ademais de deixar constancia da situación "de inseguridade para o tráfico e os peóns" perante á Xefatura provincial de Tráfico
122 parellas tomarán parte este domingo 28 de xaneiro no VI Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.