O Concello adxudica á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A. as obras de reparación da rúa Travesa por un importe próximo aos 30.000 euros.
A praza do alcalde Ramón Souto González acolle este sábado, 15 de xullo, a derradeira actuación do ciclo do Día da Patria Galega, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña.
Hóckey, voleibol, carreiras, xogos de corda, de goma, de pelota, probas de habilidade…Son algunhas das actividades que realizaron estes días os/as nenos/as do Verán Máis Alá! de Fene.
O exdirector do Ceip O Ramo, César Martínez Yáñez, será o encargado de ler este venres, 14 de xullo, a declaración institucional do Concello de Fene polo Día da Patria Galega.
A praza do alcalde Ramón Souto González hoxe xoves 13 de xullo, a partir das 20.00 horas, unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha tarde de lecer, gastronomía e música.
Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira
O Tradicoro, de Airiños de Fene, será o encargado de abrir este ano o Certame de Habaneiras e Canto Coral que organiza a Concellería de Cultura de Fene, no marco da súa programación do “Día da Patria Galega 2017”.
O río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío está sendo sometido desde hai uns días a distintos labores de limpeza do seu cauce, tanto dentro como fóra da auga.