A praza do alcalde Ramón Souto González hoxe xoves 13 de xullo, a partir das 20.00 horas, unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha tarde de lecer, gastronomía e música.
Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira
O Tradicoro, de Airiños de Fene, será o encargado de abrir este ano o Certame de Habaneiras e Canto Coral que organiza a Concellería de Cultura de Fene, no marco da súa programación do “Día da Patria Galega 2017”.
O río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío está sendo sometido desde hai uns días a distintos labores de limpeza do seu cauce, tanto dentro como fóra da auga.
Fene participa neste 2017 no Programa de Integración Laboral impulsado pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019, co que se pretende dinamizar a economía e xerar emprego nos municipios da provincia
O martes 11 de xullo abre ao público a exposición do X Premio de Banda Deseñada "Castelao" (Deputación da Coruña). A mostra recolle os orixinais de “A carreta do diaño”, do debuxante Fernando Llorente, que gañou o certame.
Canto e música tradicional mestúranse no novo espectáculo da banda de gaitas Airiños de Fene que se presenta o vindeiro luns, 10 de xullo, na praza do alcalde Ramón Souto González de Fene.
A exposición “Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”, de Javier Sanz, encara a súa recta final no Museo do Humor de Fene. O venres pecha ao público esta orixinal exposición do fotógrafo e escultor coruñés.
O pleno municipal de Fene votará mañá unha modificación de crédito para saldar todas as facturas pendentes cos seus provedores de exercicios anteriores. A medida permitiría pagar 87 facturas por un importe global de 144.000 euros