Novas

09-06-2017 -

A mocidade activa contra o acoso escolar

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve   o proxecto  de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, no que se enmarcan o programa  de  MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería  de Sanidade.
09-06-2017 -

Encontro institucional coa parlementaria Ana Pontón en Fene

A parlamentaria Ana Pontón mantivo onte, xoves 8 de xuño, un encontro institucional co goberno local de Fene de cara a coñecer os proxectos nos que está a traballar o Concello así como aquelas prioridades que se queren trasladar desde o municipio á cámara galega.
08-06-2017 -

Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

A Concellería de Deportes de Fene organiza para este domingo 11 de xuño unha nova Marcha Ciclista Popular, actividade familiar non competitiva coa que se pretende fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables. A proba comezará ás 11.00 horas na Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello) e terá unha duración aproximada de dúas horas.
08-06-2017 -

"Sons diversos" na Casa da Cultura de Fene con Sofía Espiñeiro Trío

A cantautora mugardesa Sofía Espiñeira, gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo 2015, presenta este venres en Fene o seu primeiro traballo discográfico.
Con este concerto, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura,  chega ao seu fin o ciclo “Sons diversos” que organizou durante os meses de maio e xuño a Concellería de Cultura de Fene, no marco do programa “Cultura no Camiño´17”. Entrada de balde até completar o aforo (120 localidades).
 
07-06-2017 -

Cubertas as 120 prazas do Verán máis alá

O Departamento de Cultura infórmanos que na mañá do 7 de xuño cubríronse as 120 prazas do Verán máis alá. As solicitudes que se entreguen esgotadas as prazas pasarán a unha lista de agarda. Deste xeito, o horario de atención ao público será até as 14.30 h en lugar do horario ininterrompido anunciado previamente.







06-06-2017 -

O Concello de Fene prevé investir 107.000 euros na zona das Chancas

Entre os proxectos presentados polo Concello ao POS+ provincial figura a mellora do camiño do Cádavo ás Chancas, na parte baixa da parroquia de Perlío. En realidade as actuacións programadas son tres, unha no tramo final da rúa Río Cádavo -onde recentemente se fixo unha reparación provisional-, outra na rúa Baixa e a terceira na propia rúa das Chancas. Nelas prevese substituír o firme parcheado durante anos por un novo de aglomerado. Porén, antes diso executarase unha completa renovación das canalizacións soterradas, tanto da subministración da auga como do saneamento. O importe total das obras está cuantificado en algo máis de 107.000 euros.
06-06-2017 -

Choiva de medallas no campionato galego de Ximnasia Artística para o Club Ximnasia Artística Ferrolterra

O Club Ximnasia Artística Ferrolterra volve estar de noraboa a tenor dos excelentes resultados que veñen de acadar as súas ximnastas no Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina que tivo lugar na cidade da Coruña o pasado sábado.
05-06-2017 -

Inscricións para o verán máis alá

O mércores desta semana, 7 de xuño, abre o prazo para apuntar aos nenos/as ao Verán Máis Alá de Fene, programa de conciliación da vida laboral familiar  que vai dirixido ao alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria (idades de referencia, de 3 a 12 anos). Como en anos anteriores, o Concello dará prioridade á hora de inscribirse aos  pequenos/as empadroados en Fene.
05-06-2017 -

Contacontos para bebés na biblioteca municipal de Fene

A  sala infantil da biblioteca Xosemaría Pérez Parallé acolle este martes o espectáculo de contos, luz e sombras “A lúa na xanela”, de Sherezade Bardají. A función comezará ás 18.00 horas e vai dirixida a nenos/as de 0 a 3 anos.
Segundo informan dende a biblioteca municipal, para asistir a esta actividade é precisa inscrición previa e, a día de hoxe, as prazas -20 bebés que poderán ir acompañados como máximo dun adulto- xa están esgotadas.

En “A lúa na xanela”, Xiana ten un segredo. Dentro dos seus paraugas “agóchase o sol, a lúa e un monstro que come tomates. Dentro da súa maleta agóchase un peixe, unha estrela e un monstro que fai cóxegas. Ti tes algún segredo na túa mochila?”
02-06-2017 -

Fene concorre a dúas convocatorias de obradoiros de emprego

O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas concorre ás dúas convocatorias de obradoiros de emprego publicadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.