Novas

23-11-2016 -

Escaparates contra a violencia machista

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, convida a toda a poboación ao Acto Central para conmemorar o “Día Internacional Para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres” que terá lugar esta tarde a partir das 17:00 h na zona comercial da Avenida Marqués de Figueroa de Perlío, e que rematará sobre as 19:00 h. na Praza Verde, coa lectura do Manifesto Institucional a cargo de Mª Carmen Martínez Rodríguez, concelleira de Igualdade, e coa participación dos grupos políticos municipais.
22-11-2016 -

Adxudicadas provisionalmente as obras de reparación do Camiño do Catalán

O Concello ten abertas licitacións para o arranxo de estradas por un importe superior aos 270.000 euros
22-11-2016 -

Clausura do curso de mediadores sociais

Mañá de 18.00 a 20.00 h será a última sesión do Curso de Mediadores Sociais que se desenvolveu na casa da cultura de Fene  os mércores de outubro a novembro.
22-11-2016 -

Fene inaugura este mércores a exposición "Centenario das escolas de instrución dos Naturales del Ayuntamiento de Fene"

O Concello de Fene prosegue cos actos conmemorativos do centenario das súas escolas indianas e dos avances educativos que supuxeron na época e durante boa parte do século XX. Trala xornada “Fene Indiano” do pasado venres, agora abrirá ao público na Casa da Cultura a exposición “Centenario das escolas de instrución dos Naturales de Fene, 1916-2016”.
21-11-2016 -

Contos pola igualdade-Somos iguais

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade convida a poboación infantil e familias á sesión de Contacontos que terá lugar esta tarde ás 17:30 h no Centro Municipal de Servizos Sociais e que contará coa actriz e contadora: Raquel Queizás

21-11-2016 -

Nomeamento peóns funcionarios interinos

Publicado os anuncios relativos aos nomeamentos como peóns funcionarios interinos
21-11-2016 -

O Museo do Humor de Fene entrega este venres os premios Curuxa 2016

Coa entrega dos premios Curuxa do Humor 2016, o Museo do Humor de Fene porá fin este venres ao seu “Novembro, mes do humor”. Nun acto que comezará ás 20.00h. no auditorio da Casa da Cultura de Fene, os debuxantes Alberto Cardona, Antón Lezcano, Cristian Fojón e a artista gráfica Alba Souto recibirán da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, os diplomas do certame deste ano. Deseguido será Quico Cadaval quen peche o ciclo humorístico que trouxo ata Fene nas últimas semanas referentes da risa retranqueira como Carlos Blanco, Paula Carballeira ou Xan Veiga.
18-11-2016 -

Os centros de ensino de Fene recrean o pasado indiano

Escolares e profesorado vestiron esta mañá á moda emigrante para abrir os actos do centenario das escolas indianas.
18-11-2016 -

Axudas ás familias para a festividade de reis

Publicado no BOP do 18 de novembro  as bases para a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás familias para a festividade de reis dos seus fillos/as.
18-11-2016 -

Fene leva á rúa a sensibilización contra a violencia machista

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade programou un completo calendario de actos de reivindicación e sensibilización ante a lacra das múltiples violencias que sofren as mulleres todos os días, en todos os países e en todos os estamentos sociais. O acto central co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra da Muller celebrarase na tarde do mércores 23.