As alcaldías de Fene, Cabanas, Ares, Mugardos e Neda alcanzaron este mércores o acordo sobre a redacción definitiva do regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Vilar do Colo.
Ata o día 23 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña para a rapazada de entre 10 e 15 anos. Irán á estación leonesa de Leitariegos a primeiros de marzo por un prezo de 95€ con todo incluído.
A área municipal de Medio Ambiente acaba de facer balance dos avisos atendidos en relación coa vespa velutina nigrithorax durante o ano que acaba de pecharse.
O programa leva o nome de “A familia, máis que un teito”. Un título que se refire á importancia do núcleo familiar na socialización infantil e como primeiro espazo educativo a través da comunicación, do tempo compartido e das emocións.
Unha cabalgata chea de luz e cor que arrancará no cruzamento de Perlío -fronte ao establecemento Aguilar- para percorrer as principais rúas do centro urbano ata chegar á praza do Concello, onde as SS.MM. escoitarán recordatorios do que ía posto nas misivas ou peticións de última hora.
A corporación de Fene reuniuse a primeira hora desta mañá nun pleno convocado con carácter extraordinario e urxente para aprobar a bonificación dun 95% no imposto de bens inmobles da que se beneficiarán sete colectivos do municipio.
“Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista”, obra na que se analiza a evolución do nacionalismo galego representado polo BNG a través dos exemplos de Fene e Allariz.