A corporación de Fene reuniuse a primeira hora desta mañá nun pleno convocado con carácter extraordinario e urxente para aprobar a bonificación dun 95% no imposto de bens inmobles da que se beneficiarán sete colectivos do municipio.
“Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista”, obra na que se analiza a evolución do nacionalismo galego representado polo BNG a través dos exemplos de Fene e Allariz.
Todo está listo xa para a carreira popular coa que Fene despedirá o ano deportivo no municipio. Máis que unha competición, a San Silvestre é unha festa á que este ano se sumaron un total de 703 persoas.
Este martes poderemos ver "O Profesor máxico", o mércores "A chisteira máxica" e o xoves "A Bruxiña do Nadal". As tres na Casa da Cultura, as tres a partir das 12.00h.
O lugar de Lubián, en Sillobre, estará dentro de pouco en obras por mor da reparación da estrada que cruza este núcleo de poboación para mellora da drenaxe do eixo viario e o seu posterior arranxo cunha nova capa de aglomerado.
Se tes máis de 13 anos, e ainda non tes plan para a vindeira semana, inscríbete a Expresarte. Xuntarémonos no CPS de San Valentín de 10:00 a 12:00 h do 26 ao 30 de decembro.