Nove pintores/as da asociación “Narón Amigos da Arte” amosarán os seus cadros na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene a partir do vindeiro luns 12 de setembro. Trátase de Juan Zaplana, Pily Criado, Alejos, Esther Piñán, Manuel Carballeira, Mª Julbe Labrador, Jesús Regueira, Flor Taracido e Carlos Barcón. A exposición, que se inaugura o mesmo luns a partir das 20:30 horas, contará con obras de mediano e grande formato e de temática diversa.