Publícase anuncio coa resolución de alcaldía 873/2016 do día de hoxe onde se require ás persoas que manifestan a súa dispoñibilidade a seguinte documentación nun prazo máximo de 5 días hábiles:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar como condutor de vehículo motobomba (servizo de extinción de incendios)”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.