Novas

07-06-2016 -

Listas provisionais para praza de auxiliar administrativo/a e administrativo/a

Publicadas as resolucións da alcaldía pola que se aproban as listas provisionais dos procesos selectivos abertos para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de administrativo/a e auxiliar administrativo/a
07-06-2016 -

O 20 de xuño comeza o prazo de inscrición das actividades deportivas do verán

As actividades do verán arricarán un ano máis có día do deporte na rúa, será o domingo 3 de xullo de 2016 en Perlío. Pero a práctica deportiva do verán non remata aquí, xa que a Concellería de Deportes ten previsto un amplo programa que inclúe como novidade un campus de atletismo divertido e novas edicións do campus feminino de fútbol sala e do de ximnasia artística e trampolín. Tamén se anuncian os tradicionais cursos de tenis, piragüismo e ximnasia de verán ao aire libre, xunto co campamento lúdico deportivo que terá lugar nas instalacións do CMI Unidade de Fene do 1 ao 12 de agosto.
07-06-2016 -

O mércores 8 de xuño abre o prazo para apuntar aos nenos e nenas de Fene no "Verán Máis Alá"

Programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolve ao longo do mes de xullo nas instalacións do Ceip Centieiras de Fene e que vai dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2004 e 2012 (idades de referencia, de 3 a 12 anos). Segundo informan dende a Concellería de Cultura e Ensino, como en anos anteriores, os dous primeiros días de inscrición (mércores 8 e xoves 9 de xuño) poderán entregar a súa ficha de datos xunto có volante de empradronamento no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais de Fene, 44, entrechán) os veciños/as de Fene, reservándose a terceira xornada (venres 10 de xuño) para os veciños/as doutros concellos, sempre que queden prazas libres. As 120 prazas previstas no Verán Máis Alá 2016 cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
06-06-2016 -

Xuntanza do xurado do XX Certame de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

O xurado do premio "Curuxa do Humor 2016", formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Cultura, Amalia García, o xestor de actividades culturais do Concello, Daniel Romero, e os debuxantes Santy Gutiérrez, Abraldes e Luis Davila, reunirase no Museo do Humor de Fene o venres 17 de xuño, ás 12.00 horas, para elixir aos/ás gañadores/as do certame que se darán a coñecer ese mesmo día a través da páxina web municipal www.fenecidadan.gal e dos diferentes medios de comunicación.
03-06-2016 -

Últimos días para completar as fenerrutas

Se ainda non visitaches os establecementos participantes no IX Concurso de Tapas do Concello de Fene para degustar as súas tapas, non o demores máis xa que este fin de semana é o derradeiro. A clientela que participe na consumición das tapas terá tamén os seu premios!.
03-06-2016 -

IV Mini BTT Concello de Fene

A Concellería de Deportes e o Club BTT Fene organizan a IV Mini BTT Concello de Fene que se celebrará o sábado 4 de xuño a partir das 17.00 h no paseo marítimo de San Valentín. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 14 anos.
03-06-2016 -

Proceso selectivo brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais

Publicado o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a persoal laboral temporal como brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais
03-06-2016 -

Fene celebrará a súa I Fashion Night o vindeiro 25 de Xuño

Promovida pola Concellería de Promoción Económica, en colaboración coa Asociación O Cruceiro de Fene, o vindeiro 25 de Xuño celebrárase en Fene una xornada Fashion Night na que o comercio e a hostalería de Fene e o Concello organizarán diferentes actividades como un desfile de moda, actuacións musicais e de baile, patinaxe, humor, monólogos, etc xunto coas propias de ofertas e promocións comerciais en cada establecemento.
02-06-2016 -

A Concellería de Cultura e Ensino edita e publica os microrrelatos finalistas

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Cultura, Amalia García, entregaron onte á tarde na Casa da Cultura os premios do VI Concurso de Microrrelatos “Concello de Fene”. Cada un dos gañadores/as do certame recibiu un diploma, un vale por importe de 100 € para a compra de libros e/ou material escolar e un lote de libriños que a Concellería de Cultura e Ensino editou cos microrrelatos finalistas. Como en edicións anteriores, a publicación en formato papel dos microrrelatos distribuiuse entre os/as gañadores/as e os centros participantes. A maiores, tamén se pode descargar aquí .
01-06-2016 -

Entrega premios do VI Certame de Microrrelatos "Concello de Fene"

Hoxe mércores 1 de xuño ás 19.00 h o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a entrega de premios e a presentación da publicación cos microrrelatos. Ao remate do acto, haberá unha actuación musical a cargo do dúo de violín e guitarra “Son do Ar”.