Novas

20-05-2016 -

Pesar e condolencias

O Concello de Fene a través da súa corporación municipal quere manifestar o seu pesar e condolencias á familia do operario falecido onte no estaleiro fenés.
20-05-2016 -

Anuncio nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento dun peón funcionario interino.
19-05-2016 -

Obradoiro de Bebidas Saudables no CPI A Xunqueira

O CPI A Xunqueira desenvolve hoxe nas súas aulas o obradoiro de Bebidas Saudables, actividade da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene enmarcada no Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde.
19-05-2016 -

O grupo de Construíndo Pontes despídese pero con data de inicio fixada

Hoxe xoves 19 de maio de 2016, en horario de de 16:30 a 18.00 h, o obradoiro Construíndo Pontes despídese até outubro, mes no que se dará a coñecer nos centros educativos de Fene este proxecto de recuperación de memoria histórica.
19-05-2016 -

Últimos días para presentar debuxos o XX Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

O vindeiro 30 de maio finaliza o prazo de presentación de debuxos para o concurso de humor gráfico “Curuxa do Humor”. O certame, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino e polo Museo do Humor de Fene, repartirá na súa vixésima edición un total de 5000 euros en premios. Así, o/a gañador/a da Curuxa Gráfica (maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e diploma. Nesta mesma categoría, contémplase un segundo premio, dotado con 1500 € e diploma. Para a “Curuxa Nova” (menores de 25 anos) anúnciase un primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, e un segundo premio, dotado con 500 € e diploma.
19-05-2016 -

Xincana urbana das letras galegas

Este venres 20 de maio dende ás 16.30 h na AVV de Perlio o grupo de In Fene se reunirá na Asociación de Veciños de Perlío onde unha xincana urbana co tema central das letras galegas, xogos de mesa, dardos, ping- pong e moito máis.. os/as agardan para pasar a tarde do venres dun xeito divertido e en grupo.
18-05-2016 -

A autoestima e a motivación académica obxectivos do programa Cinensino para este mes de maio

O Concello de Fene, a través da Área de Benestar Social e Igualdade, xunto coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o Plan de protección e promoción da saúde, en colaboración coa Consellería de Sanidade - Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública- no que se enmarca o programa “CINE e SAUDE”, un programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e de comportamento no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC.
16-05-2016 -

O Museo do Humor de Fene conmemora este mércores o "Día dos Museos" cun concerto de "De Vacas".

Coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos, o vindeiro mércores 18 de maio ás 20:00 h, o grupo “De Vacas” inaugura no Museo do Humor de Fene o ciclo “Música con retranca”, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia (Cultura no Camiño).
16-05-2016 -

17 de maio, "Día das Letras Galegas"

O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron á Real Academia Galega a celebración, o 17 de maio, do “Día das Letras Galegas”, como data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua. Neste 2016, a Academia dedica o “Día da Letras” a Manuel María, un dos poetas máis importantes da segunda metade do século XX.
13-05-2016 -

As Sociedades de Fene festexan as Letras Galegas

As sociedades do Concello de Fene intensifican a partir desta fin de semana o seu programa de actividades de cara á vindeira conmemoración do Día das Letras Galegas. A AVV de Magalofes, Agarimo de Sillobre, a Liga de Amigos de Barallobre, o Círculo de Perlío, o CPS de San Valentín, o CMI Unidade de Fene e a sociedade O Pote de Maniños anuncian diversos actos para estes días, no marco do programa “Maio, Mes das Letras” (organizado coa colaboración da Concellería de Cultura e Ensino).