Novas

03-02-2016 -

Ao redor de mil catrocentas persoas visitaron a exposición "Francisco Ibañez, el Mago del Humor"

A concelleira de Cultura e Ensino de Fene, Amalia García, cualifica de “rotundo éxito” o paso da exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” polo Museo do Humor de Fene. A edil afirma que o balance é moi positivo xa que, nos dous meses que esta mostra se amosou ao público no Concello de Fene, superouse o número de visitantes que o Museo adoita rexistrar ao longo de todo o ano.
02-02-2016 -

O fotógrafo Román Montesinos presenta en Fene as súas novas "Metáforas Visuais"

A mostra inaugúrase este xoves ás oito do serán e permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22) ata o vindeiro 4 de marzo.  Poderá visitarse de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. (Horario especial durante o Entroido: sábado 6 de febreiro, pechado; luns 8 e martes 9 de febreiro, de 10 a 14,15 horas; mércores 10 de febreiro, pechado).
01-02-2016 -

Tardes Activas

Do mes de febreiro a xuño a Concellería de Igualdade e Benestar desenvolverá o programa  envellecemento activo e participación social
29-01-2016 -

"Contamos" leva ao Colexio Centieiras á Concelleira de Cultura e Ensino

A Concelleira de Cultura e Ensino de Fene, Amalia García, foi a protagonista esta semana do programa “Contamos” que promove a dirección, o claustro e a Anpa do Ceip Centieiras co obxectivo de “abrir o centro á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o colexio e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa”.
29-01-2016 -

In Fene no CPS de San Valentín

Achégate hoxe venres 29 de xaneiro, de 17.00 h a 19.00 h ao CPS de San Valentín. O grupo de 11 a 16 anos ten organizada para esta xornada actividades relacionadas con música, xogos, manualidades e moito máis.
29-01-2016 -

Visita a Navantia-Fene

Representantes do Goberno Municipal de Fene visitaron o pasado día 27 de xaneiro as instalacións de Navantia-Fene. Visita na que estiveron acompañados da dirección de Navantia Fene e responsabeis da empresa Windar Renobables.
27-01-2016 -

Encontro con César Antonio Molina na Terra de Escandoi

O SCRD Agarimo de Sillobre acolle o domingo 31 de xaneiro ás 19.00 h a presentación do libro Zhivago de César Antonio Molina.
25-01-2016 -

Sesións en Familia

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E  SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.
22-01-2016 -

IV Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

Cento trinta parellas tomarán parte este domingo 24 de xaneiro no IV Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.  As entradas poderán adquirirse o mesmo día do torneo na taquilla do pavillón e terán un custe de 6 euros, sendo gratis para os nenos e nenas menores de 10 anos.
22-01-2016 -

Tarde In Fene

Achégate hoxe venres 22 de xaneiro, de 16.30h a 18:30h á Asociación de Veciños de Perlío. O grupo de 11 a 16 anos ten organizada para esta xornada actividades relacionadas con música, xogos, manualidades e moito máis.