Novas

19-12-2015 -

Suspensión das actividades no exterior pola alerta laranxa

A Concellería de Deportes informa – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións municipais este sábado 19 de decembro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.
18-12-2015 -

Nadal na BiBlioteca Municipal de Fene

Co espectáculo “Un Nadal cheo de contos”, a cargo do grupo “Lisístrata A.C”, comeza o vindeiro luns 21 de decembro o programa de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e Ensino para a Biblioteca Municipal de Fene.
18-12-2015 -

Mulleres no Comic

Coincidindo co comezo das vacacións escolares, o luns 21 de decembro, abrirá ao público na sala de Banda Deseñada do Museo do Humor de Fene (3º andar da Casa da Cultura) a exposición “Mulleres no cómic. Unha visión feminina da novena arte”. A mostra, de Tucutucu Produccións Culturais, componse de 50 obras gráficas de 27 autoras de distintas nacionalidades (Ana Miralles, Allison Betchdel, Susanna Martín, Diana Raznovich, ElenaPuntoG, Maitena, Marjane Satrapi, Marta Vives…) co obxectivo de achegar ao público “outras formas de visibilidade e de interpretación da realidade das mulleres”.
17-12-2015 -

V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón "Concello de Fene"

O pavillón polideportivo “A Xunqueira” de San Valentín acolle este sábado, 19 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, a V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene”. Un total de 320 participantes de nove escolas e clubs da comarca sairán a pista neste evento que organiza a Concellería de Deportes de Fene coa colaboración da asociación xuvenil Fene Movemento e Floristería Loto. A entrada será libre e gratuíta.
17-12-2015 -

Os SSMM Os Reis Magos de Oriente xa teñen paxes

Todos/as os nenos/as que até onte 16 de decembro inscribíronse para participar como paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas do concello de Fene na xornada do martes 5 de xaneiro.
16-12-2015 -

O Pavillón do Ramo acolle este venres a II exhibición de Ximnasia Artística de Nadal

Ao redor de 80 nenos e nenas tomarán parte este venres, 18 de decembro, na II Exhibición de Ximnasia Artística e Trampolín de Nadal “Concello de Fene” que organiza a Concellería de Deportes coa colaboración do club-escola Ximnasia Ferrolterra de Fene. O evento comezará ás 18.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre) e terá unha duración aproximada de dúas horas e media. Entrada libre e gratuíta.
16-12-2015 -

XV Festival de Panxoliñas

Cinco corais e as dúas rondallas do termo municipal tomarán parte esta fin de semana nunha nova edición do Festival de Panxoliñas “Concello de Fene”, certame que promove a Concellería de Cultura e Ensino e que este ano organiza a Coral Eterna Xuventude. O festival celebrarase o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na igrexa auxiliar de Perlío (San Estevo). Entrada libre.
15-12-2015 -

Novo servizo de monitoraxe no ximnasio da piscina municipal

A Concellería de Deportes de Fene informa da posta en marcha dun novo servizo de asesoramento deportivo, prescripción e seguemento de exercizo físico no ximnasio da piscina municial de Centieiras.O horario deste servizo, que estará a disposición de todos e todas  usuarios/as do ximnasio a partir do vindeiro 2 de xaneiro do 2016, será de 19.00 a 21.00 horas os luns, mércores e venres, e de 9.30 a 11.30 horas os martes e xoves.
14-12-2015 -

Espazos Compartidos e Suma e Segue

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e  SUMA E  SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.
14-12-2015 -

Novidades da Biblioteca Municipal de Fene

A Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé ven de publicar un boletín coas novidades que neste mes de decembro incorpóranse aos seus estantes.