Novas

17-09-2015 -

Escolas da Banda de Gaitas Tradicional "Airiños de Fene"

A Banda de Gaitas Tradicional "Airiños de Fene" infórmanos das novas escolas que entrarán en funcionamento o vindeiro día 7 de outubro.
17-09-2015 -

Baremación do persoal do programa "Inicia".

Publicada a baremación do persoal do programa "Inicia".
16-09-2015 -

Peche do campo de fútbol municipal por mor da alerta laranxa

Ante o aviso de risco e a alerta laranxa emitida pola Dirección Xeral de Emerxencias debido a fenómenos meteorolóxicos adversos, o Concello de Fene acordou pechar o campo de fútbol dos Pinares (instalación deportiva municipal exterior) no dia de hoxe, 16 de setembro.
As actividades nesta instalación quedan, polo tanto, canceladas.
16-09-2015 -

Horarios tempada 2015-2016

A Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento do pavillón polideportivo da Xunqueira en San Valentín durante toda a tempada 2015/2016.
16-09-2015 -

VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene

O próximo domingo día 20 de setembro celebrárase a VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene organizada pola Asociación de Comercio, Hostelería e Servizos “O Cruceiro” en colaboración co Concello de Fene a través da Concellería de Promoción Económica ao frente da cal está César Castro. O horario da mesma será das 10 h ás 20 h.
15-09-2015 -

Curuxa do humor 2015

O 15 de setembro ás 14.00 h remata o prazo para presentar orixinais ao concurso de humor gráfico “Curuxa do humor 2015” que organiza o Museo do Humor de Fene. O certame contempla dúas categorías: “Curuxa” para maiores de 25 anos e “Curuxa Nova” para artistas de ata 25 anos. Neste certame, que ten como finalidade premiar aos mellores humoristas gráficos do momento, repartiranse ata 5.000€ en premios.
15-09-2015 -

Comeza o IV programa de deporte inclusivo

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol desenvolve dende o ano 2011 coa colaboración da Deputación da Coruña, un Programa de deporte e actividade física adaptada e inclusiva, co que se pretende abranguer progresivamente a diversidade funcional no deporte e xerar contextos que contribúan a unha sociedade inclusiva.
11-09-2015 -

Declaración institucional do Fondo Galego diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas

O concello de Fene como membro do Fondo Galego, a través da concellaría de Benestar e igualdade que diririxe Joaquin Ayala Garrido súmase a declaración institucional do Fondo Galego diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas.
11-09-2015 -

O Museo do Humor de Fene recibe unha importante doazón de debuxos de autores de "A Codorniz"

As obras, doadas polo coleccionista madrileño José Luís Olavarría, serán incorporadas aos fondos do Museo do Humor de Fene
11-09-2015 -

Ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle

A Concellería de Promoción Económica e Turismo organiza o domingo 27 de Setembro unha ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle, un lugar de alto valor paisaxístico do concello de Fene. A cuota de inscrición é de 10,45 €.