Novas

28-10-2015 -

Xuntanza do Grupo Local de Augas

A concelleira de Medio Ambiente de Fene acudiu o pasado venres, día 23 de outubro, a xuntanza convocada pola Federación Galega de Cofradías de Pescadores dentro da liña de estudo da repercusión da calidade das augas.
28-10-2015 -

Os escolares de Fene participan na campaña "Recicla co Grupo Soil"

A Concellería de Medio Ambiente de Fene e o Grupo Soil promoven unha campaña de concienciación nos centros escolares de Fene coa convicción da necesidade de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene e diminuir a cantidade  de residuos que se envían para xestión en vertedoiro.
28-10-2015 -

Presentación da publicación de "Cines, salas de baile e vida social"

O concello de Fene, dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Joaquín Ayala Garrido, desenvólvese o proxecto  “Envellecemento Activo e Participación Social”, subvencionado pola Deputación da Coruña.
27-10-2015 -

Contos de misterio

O sábado 31 de outubro ás 12.00 h, achégate á Biblioteca Municipal de Fene....contarannos un estrano suceso que lle aconteceu a un gaiteiro dun lugar que sen querer descubre a unha personaxe pouco usual xa que provén dun lugar de lonxe....
26-10-2015 -

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns, 26 de outubro de 2015 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento.
26-10-2015 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de peón como funcionario interino pola situación de incapacidade temporal dun traballador municipal
26-10-2015 -

Listas definitivas de admitidos e excluídos, tribunal e data de exame da bolsa de conserxe como funcionario interino

Publicado o anuncio relativo as listas definitivas de admitidos e excluídos, tribunal e data de exame da bolsa de conserxe como funcionario interino
23-10-2015 -

Recepción da Corporación Municipal de Fene á Coral Polifónica de San Valentín

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García, presidiron este mediodía no Salón de Plenos da  Casa do Concello de Fene o acto de recepción oficial aos membros da Coral Polifónica de San Valentín, con motivo da celebración do 35º aniversario da agrupación. Neste acto, ao que asistiron boa parte dos concelleiros/as da Corporación Municipal,  fíxoselle entrega aos compoñentes da coral dun agasallo conmemorativo do Concello de Fene.
21-10-2015 -

Arrinca o Obradoiro de "Recuperación Memoria"

Obradoiro enmarcado no programa de envellecemento activo promovido pola Área de benestar e igualdade, que dirixe Joaquin Ayala  Garrido, e subvencionado pola Deputación da Coruña.
20-10-2015 -

Inicio das actividades xuvenis de outono

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o programa de peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca ESPAZO NOVO e INFENE subvencionado pola Deputación da Coruña.