O Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Educación coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; pon en marcha unha “QUEDADA XUVENIL” no ALBERGUE ALVARELLA (Doroña-Vilarmaior) durante os días 25 e 26 de xuño dirixida a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos escolarizados nos centros educativos de Fene.
“Tiempo y otros pedazos”, é o título da exposición de debuxo e pintura do ferrolán David Durán que se amosa estes días na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene. A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 7 de xullo. Ao longo desta semana, o horario de visitas é, de 10.00 a 13.00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A partir do vindeiro luns, o horario da sala de exposicións será, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
A partir deste venres, 19 de xuño, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene.
Ao abeiro do programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, a Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Fene unha subvención por importe de 11.400 euros para a contratación de 1 oficial 2ª e 2 peóns, por un período de 3 meses e unha xornada de 25 h semanais.