Novas

13-05-2015 -

Uns 130 escolares dos centros de ensino de Fene participan neste mes nun obradoiro de saúde e nutrición organizado polo Concello

A concelleira de Servizos Sociais, Juana Barro, explica que a actividade forma parte do programa municipal “Educar para a saúde na escola”
Os CEIPs Centieiras e Os Casais acollerán as sesións este xoves
12-05-2015 -

O Concello recibe unha achega de 21.000 euros para a mellora de 7 áreas infantís e a construción dun parque biosaudable

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou da concesión da subvención por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que deu o seu visto bo ao proxecto presentado polo Concello
12-05-2015 -

Acta Nº3 do proceso selectivo praza bibliotecaria/o

Publicada a acta nº 3 do tribunal de selección no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario interino do Concello de Fene
11-05-2015 -

XXVIII Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé"

O vindeiro 30 de setembro remata o prazo de presentación de orixinais a esta nova edición do Premio convocado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene, e a editorial "Espiral Maior"
11-05-2015 -

Os escolares, protagonistas do acto central na provincia da Coruña da Semana Mundial da Seguridade Viaria, celebrado en Fene

O Parque Municipal de Educación Viaria foi o escenario, o pasado venres, da lectura da Declaración dos nenos por parte dos estudantes do CEIP do Ramo, que tamén formularon as súas propostas para mellorar a seguridade
11-05-2015 -

Éxito de participantes e público no II Encontro de Lavandeiras de Sillobre

O escritor e Fenés do Ano, Ramón Loureiro, aseguraba que esta celebración marabillosa permite viaxar a través do tempo e recuperar a memoria dos nosos.
A iniciativa, que se celebrou o pasado sábado durante toda a xornada, estivo organizada polo Concello coa colaboración da SCRD Agarimo, da AVV San Ramón de Sillobre e Mesturas
11-05-2015 -

Últimos días para apuntarse á II Carreira 10K organizada polo Concello a favor de Arraigo

A concelleira de Deportes, Rocío Bértoa, explica que o prazo concluirá este xoves e anima á veciñanza a tomar parte nesta iniciativa solidaria.
Aberta a todas as idades, celebraráse o domingo 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, e percorrerá Perlío, Barallobre e Maniños.
07-05-2015 -

Fene acollerá o acto central na provincia da Coruña da Semana Mundial da Seguridade Viaria

O Parque Municipal de Educación Viaria será o escenario, este venres pola mañá, das accións previstas, como a lectura da Declaración dos nenos
07-05-2015 -

Fene inaugura a exposición "Adriano, sesión continua" en torno ao seu emblemático cine

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o acto na Casa da Cultura este venres ás 20 horas e presenza dos 17 artistas de Lumen implicados no proxecto
06-05-2015 -

Fene recrea este sábado o traballo das lavandeiras de Sillobre no século XIX

O alcalde, Gumersindo Galego, presentou as actividades do II Encontro xunto ao concelleiro Juan José Franco; José Sardiña, da SCRD Agarimo; José Luis Seijo, da AVV San Ramón de Sillobre, e Amelia de Querol e Carmen Sendón, de Mesturas