Novas

15-04-2015 -

Fene celebra este domingo a xornada solidaria "Todo para Xoel" cun sinfín de propostas deportivas, talleres e xantar popular

O pavillón municipal de A Xunqueira será o escenario do evento, que dará comezo ás 11 horas con entradas ao prezo simbólico de tres euros.
Zumba, cardio box, inchables, xogos infantís, fútbol, futbolín, hip hop ou patinaxe son algunhas das actividades que se desenvolverán durante todo o día.
15-04-2015 -

O Concello invita á veciñanza este xoves a unha charla sobre ornitoloxía

Terá lugar no salón de plenos da casa consistorial, a partires das 19 horas
14-04-2015 -

O Concello organiza unha marcha de sendeirismo pola ruta dos Faros

A concelleira de Cultura e Deportes, Rocío Bértoa, apunta que se celebrará o domingo e o prazo de inscripción permanecerá aberto ata este xoves, día 16
14-04-2015 -

O Concello de Fene celebra este sábado a súa VII Exhibición de Ximnasia Rítmica

A edil de Deportes, Rocío Bértoa, explica que preto de 300 nenos e nenas do municipio, da comarca e incluso de fóra da provincia, participarán no encontro
13-04-2015 -

Isi inaugura un novo ciclo de monólogos de humor deseñado polo Concello de Fene para conmemorar o Día dos Museos

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, explica que a primeira sesión terá lugar o venres 17, ás 20.00 h na Casa da Cultura, con entrada gratuíta pero retirando invitación.
Federico Pérez, Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez “Guti” e Josito Porto serán os seguintes cómicos en ofrecer o seu mellor humor en Fene
13-04-2015 -

O Concello de Fene acollerá a exposición "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, destaca que o municipio dará a coñecer a figura e obra do creador, debuxante e guionista dos personaxes máis célebres do tebeo español, parte da infancia de moitas xeracións.
A edil anuncia que o Concello recupera este ano os prestixiosos Premios Curuxa do Humor cos que se quere recoñecer aos mellores humoristas gráficos
10-04-2015 -

A Biblioteca Municipal converteu aos máis pequenos en protagonistas de contos a través da iniciativa "Fotoconto"

A Concellería de Cultura propuxo esta semana a actividade no marco do programa “Ler conta moito”
10-04-2015 -

A veciñanza xa pode adquirir as entradas para a xornada solidaria "Todo para Xoel"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, anima á cidadanía a sumarse a esta celebración, que terá lugar o 19 de abril no pavillón de San Valentín
10-04-2015 -

Fene celebrará o seu Encontro de Palilleiras o próximo 18 de abril en San Valentín

Baixo carpa, centos de palilleiras amosarán o seu traballo durante todo o día
09-04-2015 -

Fene celebra este domingo unha nova edición da súa multitudinaria Milla Escolar

Centos de nenos e nenas de entre tres e dezaséis anos tomarán parte na XXII carreira, a disputar na Avenida do Mar ou no pavillón da Xunqueira