As súas Maxestades de Oriente visitarán o luns Fene, realizarán un percorrido polas principais rúas do casco urbano e atenderán as peticións de nenos e nenas. Asemade, o Concello pon a disposición da rapazada un buzón real para as súas cartase e convídaos a bailar, cantar e tomar un chocolate aproveitando a súa visita.