O Concello de Fene, ofrece a cidadanía a través do punto de información catastral , sito nas depedencias da oficina técnica municipal no 2.º andar da Casa do Concello, os seguintes servizos:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
Os requisitos de acceso
- Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
- Ser titular catastral, o seu representante ou a persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
Documentación necesaria
- Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
- Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.
Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia /subxerencia do catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.
Tampouco se poderán atender no Punto de Información Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.
Descargas
Ligazóns
- Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante
- Certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital
- Certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade