O Museo do Humor Xaquín Marín é un museo para se divertir e rir, nel poderás encontrar obras de importantes humoristas a nivel nacional e internacional que tratan os temas da maior actualidade en clave de humor xa sexa gráfica ou literariamente. É un dos do seu xénero en España e ten a súa sede na Casa da Cultura de Fene (Rúa Conces, 20-22. Teléfono: 981 341 451 / 981 342 400)
Na actualidade este museo amosa nas súas instalacións máis dun milleiro de orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo. Grandes creadores como Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, Máximo, Vázquez, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa teñen o seu espazo neste museo que salienta pola súa singularidade e por ser único dentro do seu xénero en España.
Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre chamar ao teléfono 981 342 400 ou enviar un correo electrónico ao enderezo do propio museo (museodohumor@gmail.com, museodohumor@fenecidadan.net).

Horario do Museo do Humor Xaquín Marín
- De luns a venres: De 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:50 horas.
- Os sábados: De 10:00 a 13:00 horas.
- En períodos de vacacións escolares o horario será de 10:00 h a 14:15 horas.