Cine e saúde para a rapazada de Fene, Mugardos e Neda
02-06-2021
Tal e como vimos informando o Concello de Fene participa no Programa de Cine e Saúde . Programa de educación en valores co que, ademais, se pretende fomentar a prevención de condutas aditivas no eido local.
E para esta terceira sesión de Cinesaúde (do actual curso escolar) anúnciase o visionado da da película “Señor dame Paciencia ”, para cursos de Primaria, e de “Amelia”, para os de Secundaria.
As proxeccións desenvolveranse nas datas establecidas polos propios centros participantes que, nesta edición, son: CEIP Plurilingüe Maciñeira, CEIP Plurilingüe San Isidro, CPI A Xunqueira, CEIP Plurilingüe Centieiras, CEIP Plurilingüe O Ramo, CEIP Plurilingüe Os Casais, CEIP Plurilingüe Santiago Apóstol, CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa e CPR Loyola, todos eles con cursos de Primaria. E, en Secundaria, o CPI A Xunqueira e o CPR Loyola.