Prevención de adicións ás TIC. Redes sociais e videoxogos: virtudes e perigos
10-12-2021
A área de Benestar Social e Igualdade desenvolverá a vindeira semana unha sesión formativa, dirixida ás familias, no eido da prevención das conductas adictivas.
Data: 15 de decembro
Hora: de 17.30 h
Lugar: Casa da Cultura de Fene
Os principais contidos que se traballarán son:
• TICS: Hábitos sobre videoxogos e redes sociais
• Xogo online, apostas e redes sociais. Perigos e legalidade
• Sexting, grooming, ciberbulling e outros perigos en internet
• Protección online
• Presión de grupo, empatía, comunicación, autocontrol, resolución de conflitos
• Identidade persoal: autocoñecemento e autoestima.
• Qué se entende por adicción?
A estas e outras preguntas daremos resposta neste obradoiro dinámico e participativo.
Formación que complementa as sesións xa realizadas nos centros educativos de Fene.
O período de inscrición permanecerá aberto até o 14 de decembro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
As prazas cubriranse por orde de inscrición.
O programa
O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública no que se enmarca entre outros, o programa de Formación en acompañamento dixital