Abre o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo e participación social "Seráns activos 2022"
29-09-2022
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade vén de lanzar unha nova convocatoria do programa “SERÁNS ACTIVOS” no que se enmarcan os obradoiros de “Espazo memoria” e “Lembranzas” que se desenvolverán de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais (as entidades colaboran facilitando os locais dacordo coa súa dispoñibilidade horaria). A maiores, o obradoiro de “Recuperación da memoria” realizarase no Centro Sociocomunitario de Fene. Todos os talleres ofertanse cunha periodicidade semanal e cunha duración de 1h e 30 minutos, a partir do 4 de outubro e até o mes de xuño. O prazo de matrícula xa está aberto, ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición (15 prazas por grupo). E, para matricularse, cómpre entregar cuberta a folla de inscrición (documento adxunto) no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal.
Cada persoa poderá escoller libremente as actividades ás que acudir, independentemente na parroquia na que viva.
Requisitos:
Ter cumpridos os 55 anos. Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.
Os obradoiros que se ofertan son os que se indican :
• ESPAZO DE MEMORIA
É un lugar de encontro pensado para aquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...). Realizanse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. utilizando dinámicas grupais e de ocio.
• LEMBRANZAS.
Este obradoiro céntrase en traballar diferentes procesos mentais desde unha perspectiva experiencial, dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Ten como finalidade manter e recuperar a memoria histórica, costumes.....
• OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
A súa finalidade é retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Realízanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Realizase unha avaliación previa para adaptar as actividades.
Estás actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos. A actividade ten carácter gratuíto
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS. Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal