Un total de 20 escolares participan no programa Refórzate

Un total de 20 escolares participan no programa Refórzate

Imaxe presentación do programa ás familias o pasado día 2 de marzo

O programa, dirixido ao alumnado de primaria e secundaria, desenvolverase até o mes de  xuño no CPI A Xunqueira. De luns a xoves, en horario de tarde.

Refórzate, tal e como vimos informando, é un programa que  combina  a atención educativa; mediante sesións de apoio escolar en alumnado con dificultades de aprendizaxe xeneralizada e ou que precisen apoio nas áreas instrumentais;  e o espazo socioeducativo de lecer saúdable; utilizando o uso responsable das novas tecnoloxías, prevención en ludopatias, así como obradoiros de alimentación saúdable entre outros.

Os grupos comezaron a semana pasada e continuarán até o mes de xuño. O alumnado que non foi seleccionado quedará nunha lista de garda, da que se chamará se quedan prazas vacantes.

Para máis información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal