O uso problemático da tecnoloxía

O uso problemático da tecnoloxía

Tal e como vimos informando, o Concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa REFÓRZATE, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Ao abeiro deste programa, o Centro Municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene convoca unha xornada sobre o uso problemático da tecnoloxía. Xornada encamiñada a mellorar e complementar a información sobre o uso da tecnoloxía, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos aditivos nas familias.

DATA: 13 de abril.
HORA: 18.30h.
LUGAR: Casa da cultura de Fene.

Contidos:

A xestión do tempo
O risco de adicción
O primeiro móbil
As redes sociais
Conductas ilegais
Conductas arriscadas

Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias. ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

Período de inscrición: Até o 12 de abril de 2023 as 14.00h (por orde de inscrición ata cubrir aforo).

A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:

- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais

Para calquera outra información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607

Descargas