A Casa da cultura, acollerá dúas xornadas adicadas á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións
25-05-2023
Xornadas enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios até o o día previo á sesión, as prazas cubriránse por orde de inscrición:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
Adolescencia e adiccións: Enfoques actuais
DATA: 30 de maio
HORA: 18.30h.
LUGAR: Casa da cultura de Fene.
Esta sesión é impartida por Gerardo Sabio Fernández, director de ASFEDRO.
Na sesión trataranse os seguintes aspectos:
Proporcionar información actualizada e basada na evidencia sobre o coñecemento actual sobre la adicción
O proceso de desenvolvemento do adolescente.
Condutas de risco e interferencias no proceso de maduración cerebral.
O papel da familia na prevención das adiccións
DATA: 7 de xuño
HORA: 18.30h.
LUGAR: Casa da cultura de Fene.
Esta sesión é impartida por Rosa Ma García pazos, técnica de prevención de ASFEDRO.
Os aspectos a tratar son:
As adiccións
Pautas para previr.
Posición familiar ante condutas adictivas
Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias. ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Velentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607