Comunicaste en positivo? Pásate ao bo trato!
17-11-2023
O 20 de novembro, ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá unha segunda xornada adicada á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións.
Un taller para o que o Concello de Fene pon a disposición das familias que o precisen, un servizo de coincilización para as crianzas.
Xornadas enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda; encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
Programa de formación en prevención familiar e comunitaria, que ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Paralelamente as sesións para as familias estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
Inscrición:
Para as familias que se inscriban a partir de agora recollese a pregunta na propia folla de inscrición.
Para as familias interesadas que xa presentaron a folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
O plazo para inscribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.