A cuarta sesión do programa “Acompañar no reto de educar” abordará o tema da convivencia coas emocións
01-12-2023
“As emocións definen o que sentimos cando nos relacionamos coas persoas ou cando nos enfrontamos ao que nos pasa na vida. Son unha resposta interna. Poder sentilas, aceptalas ou vivilas é todo un reto”. Baixo este plantexamento, o vindeiro luns, 4 de decembro, de 18 a 20 horas, desenvolverase na Casa da Cultura de Fene un novo encontro do ciclo de conferencias para familias organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda, e subvencionado pola Consellería de Sanidade. A conferencia vai dirixida a todos os públicos (Anpas, entidades sociais, familias...) e para participar cómpre apuntarse (enviando a ficha de inscrición dispoñible en www.fene.gal a servizos.sociais@fene.gal).
Algúns dos aspectos que se abordaran na charla “Convivir coas emocións” serán: as funcións das emocións na vida das persoas; a que lle chamamos intelixencia emocional?; e estratexias para acompañar aos fillos/as para recoñecer, expresar e convivir coas suas emocións.
“Acompañar no reto de educar” é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade “acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero”. Ademais, pretende “sensibilizar, mellorar e complementar a información das familias a nivel emocional e para a prevención das condutas adictivas de maneira precisa e axeitada”.
As xornadas son participativas, empregando dinámicas grupais. Ademais, en cada sesión recóllense todas as cuestións que se plantexan e téntase dar resposta ás mesmas.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer de tempo para acudir ás sesións de familia, á par que se desenvolve esta nova charla, estará dispoñible na propia Casa da Cultura un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo. As familias interesadas, que se apuntaran ao programa previamente e que non o indicaran na folla de inscrición, deben contactar cos Servizos Sociais de Fene para solicitalo (tfnos. 981 492 706 / 981 342 607). O prazo para inscribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.
Máis información: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE. R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo, 15500 San Valentín-Fene. Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607