Cubertas as 50 prazas da andaina que percorrerá Limodre este domingo 1 de setembro
O prazo de inscrición para a andaina de Maniños continúa aberto
29-08-2024
A andaina de aproximadamente 6 km, sairá ás 10.00 h da Escola de Limodre e percorrerá: Camiño do Campanario-Cemiterio de Limodre-Estrada de Laraxe-Camiño do Castelo-Camiño do Cotillón-A Fonte-A Penela-Camiño Capela de Gaspar-Estrada Almieiras-Camiño da Costa-Muíño de Mareas-Estrada Almieiras-Atallo a Rachabordos-Rachabordos-Ponte Morás-A Fonte-Estrada de Cabanas-Chegada á Escola de Limodre.
As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Maniños do vindeiro 7 de setembro, ainda están a tempo, cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.