Aberto o prazo de inscrición nas andainas de Maniños e Sillobre

Aberto o prazo de inscrición nas andainas de Maniños e Sillobre

As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Maniños do vindeiro 7 de setembro ou na de Sillobre prevista para o sábado 14, ainda están a tempo, cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Dende o departamento de deportes, recoméndannos para a realización destas andainas traer calzado e roupa cómoda.

Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.