A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura acolle dende o pasado venres e ata finais de mes a mostra “Retrospectiva” da pintora fenesa Beatriz Seijo. Unha retrospectiva dos últimos dez anos de traballo da artista plástica, cunha selección de obras de tres das súas coleccións: “Gotas de Aire”, “Detalle sen Detalle” e “En que pensas?”, e na que tamén se inclúen obras actuais. Unha mostra coa que conmemorar, precisamente, os dez anos transcorridos da última exposición realizada por Beatriz Seijo en Fene. Pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.