Novas

08-10-2018

Francisco Oti Ríos presentará en Fene o seu libro O novo teatro galego en Perlío: Teatro Círculo e Tagallo

Organizada pola Concellería de Cultura de Fene, o local do CCRD de Perlío albergará a presentación do libro de Francisco Oti Ríos, O novo teatro galego en Perlío: Teatro Círculo e Tagallo, editado por Ediciones Invasoras. Será o xoves 25 de outubro ás 20 horas e no acto, presentado polo escritor e actor teatral Manuel Guede Oliva, intervirá o autor, Francisco Oti Ríos; o director da editorial, Julio Fernández Peláez, e o alcalde do municipio, Gumersindo Galego.
01-10-2018

O Concello ofrece un obradoiro de fotografía con móbil e cámaras compactas

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa organizará un Obradoiro de Fotografía con móbil e cámaras compactas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, é imprescindible contar con cámara propia –no móbil, compacta, cámara de acción…-. Trátase dun nivel de iniciación, polo que non é preciso ter coñecementos previos e está pensado para aquelas persoas que desexen iniciarse na fotografía dun xeito práctico e sinxelo.
01-10-2018

A programación municipal cultural para este curso inclúe os obradoiros Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa propón dous obradoiros de inglés na súa programación de actividades para o curso 2018-2019: Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés.
28-09-2018

O Concello promove un curso de introdución á ofimática para persoas sen coñecementos previos

O Concello, a través da Concellería de Cultura, organiza un Cursiño TIC de introdución á ofimática para persoas maiores de 16 anos sen ningún tipo de coñecemento previo sobre a materia. Consta de 10 horas e celebrarase os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 17 a 19 horas na Aula Municipal de Informática.
28-09-2018

O Concello aprenderá as técnicas e receitas para xantar á carta cun obradoiro de cociña para vagos e vagas

Para xantar ben non é preciso dispoñer de moito tempo nin de produtos caros ou de mercado. Nin sequera, e aínda que poida parecer mentira, ser un xenio dos fogóns. Por iso, o Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, propón un obradoiro de cociña para vagos e vagas no que pretende ensinar aquelas técnicas e receitas para xantar “á carta” todos os días.
27-09-2018

O Concello de Fene volve apostar polos obradoiros de risoterapia da man do proxecto Licenza para rir

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa avanza que reeditará os obradoiros de risoterapia “Licenza para rir”. Un proxecto que botaba a andar en 2014 cunha gran acollida e que hoxe, catro anos despois, regresarán a partir do 16 de outubro para continuar descubrindo e valorando as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.
 


26-09-2018

A Escola de Música do Concello de Fene arrancará a súa actividade a mediados de outubro con clases de solfexo-piano e guitarra

A Escola de Música do Concello de Fene iniciará a mediados de outubro un novo curso e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a inscrición nas actividades abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14 h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.
21-09-2018

A Biblioteca Municipal acollerá un contacontos e un obradoiro de cociña para os máis pequenos da casa

A Biblioteca Municipal Xosémaría Pérez Parallé acollerá o vindeiro xoves, 27 de setembro, o contacontos O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, a cargo de Teatro Calavera, e un obradoiro de cociña infantil. Será a partir das 18 horas e as actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. Iso si, as prazas están limitadas a 40 e, aínda que a actividade é gratuíta, é preciso inscribirse previamente. Debe facerse o luns, 24 de setembro, o martes 25 e o mércores 26 na propia Biblioteca e en horario de 16 a 21 horas ou no teléfono 981 34 23 02.
19-09-2018

O Concello de Fene abre mañá o prazo para solicitar o bonobús universitario

O Concello de Fene abrirá mañá xoves, 20 de setembro, o prazo de presentación de solicitudes para optar á concesión do bonobús universitario, unha liña de axudas para facilitar durante o curso escolar 2018-2019 os desprazamentos a aqueles veciños e veciñas que cursen estudos universitarios na cidade da Coruña. A tal fin, o Concello, a través da Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa, destinará unha partida de 7.500 euros.
10-09-2018

Novos horarios na Casa da Cultura

O Concello de Fene informou esta mañá da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporaisa partir deste mércores, 12 de setembro.