Novas

05-07-2019 -

Fene celebra o domingo o Día do Deporte na Rúa

Fene celebrará este domingo 7 de xullo o seu Día do Deporte na Rúa. Será na Avenida de Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío, entre as 10,30 horas e as 14 horas, salvo en caso de choiva, cando as actividades se trasladarían ao pavillón de A Xunqueira. A xornada, organizada polo Concello de Fene, incluirá unha morea de actividades. Aquelas persoas que participen en tres ou máis recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada, ata esgotar existencias.
04-07-2019 -

Setestrelo trae a Fene este venres o seu espectáculo “O Camiño”

Setestrelo será o encargado de inaugurar mañá venres, a partir das 22,30 horas, a programación do ciclo Día de Galicia coa que o Concello de Fene, tal e como sinalou o alcalde, Gumersindo Galego, conmemorará tan sinalada data. Ofrecerá o seu espectáculo, como os restantes, na praza do Alcalde Ramón Souto González, baixo carpa e, tamén como o resto das propostas, será gratuíta e con entrada de balde.
03-07-2019 -

O xurado dará a coñecer o fallo dos XXIII Premios Curuxa 2019 o mércores 17

O xurado dos XXIII Premios Curuxa 2019 reunirase o vindeiro mércores 17 ás 12 horas no Museo do Humor de Fene, xuntanza trala cal dará a coñecer o seu fallo. Nomeado polo Concello, estará presidido polo alcalde e formarán parte del a concelleira de Cultura, a coordinadora do Museo do Humor e tres humoristas gráficos que nesta edición serán: José A. Rodríguez López, “Gogue”; Fernando Iglesias Mouta, “Kohel”, e Ana Martínez Fernández.
02-07-2019 -

O Concello propón un sinfín de actividades para disfrutar do Día do Deporte na Rúa

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Concellería de Deportes celebrará este domingo, 7 de xullo, o Día do Deporte na Rúa. E farao cunha morea de propostas. Así mesmo, aqueles que participen en tres actividades ou máis recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada ata esgotar existencias.
01-07-2019 -

Fene conmemora o 25 de xullo co Ciclo “Día de Galicia”, que incluirá os concertos de Setestrelo e De Vacas e a Festa dos Avós

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa, presentou esta mañá os actos do ciclo Día de Galicia cos que se conmemorará tan sinalada data. Uns actos que se estenderán por espazo dunha semana e que arrancarán este venres, 5 de xullo. A música será a principal protagonista, con concertos para todos os gustos, e a estes sumaranse espectáculos de novo circo a pé de rúa. Ademais, o Concello volve a apostar pola multitudinaria Festa dos Avós, con xantar popular incluído gratuíto.
28-06-2019 -

Clausura do Obradoiro de Recuperación da Memoria organizado polo Concello de Fene

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrou onte á tarde o acto de clausura do obradoiro de recuperación da memoria incluído no programa de Envellecemento Activo. Un taller enfocado á prevención de patoloxías asociadas a idade ou a enfermidades ou accidentes.
27-06-2019 -

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” con motivo do 28 de xuño, día da diversidade sexual

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” que impulsa a Deputación provincial da Coruña con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. No marco da mesma, o Concello agasallará á veciñanza con camisetas conmemorativas e chapas –ata esgotar existencias-. Será mañá venres, 28 de xuño, entre as 10 e as 14 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.
27-06-2019 -

Novo horario de verán na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Fene abre ao público dende esta semana en horario de verán. A medida afecta á Biblioteca, Museo do Humor, sala de exposicións e aula de estudo. Así, dende o pasado venres, o novo horario desta instalación municipal é de luns a venres de 10 a 14,15 horas e sábados, domingos e festivos pechado. O horario de verán será efectivo ata o primeiro día do novo curso escolar.
25-06-2019 -

Arranca a Escola de Pilotos de Drons para moz@s de entre 14 e 30 anos que promove o Concello de Fene

Un total de 25 mozos e mozas de entre 14 e 30 anos participa dende onte na Escola de Pilotos de Drons que organiza o Concello de Fene. Un proxecto divulgativo e formativo en torno ao uso dos drons e a súas aplicacións que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
21-06-2019 -

Festa acuática este sábado na piscina de Centieiras

A piscina municipal de Centieiras acollerá este sábado, 22 de xuño, a Festa Acuática de clausura das escolas de natación impulsadas polo Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes ao longo do presente curso. Clases nas que toman parte uns 500 nenos e nenas en diferentes quendas e que continuarán ata finais de mes.