Novas

02-05-2019 -

III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene esta fin de semana no pavillón de San Valentín

O pavillón municipal de San Valentín albergará esta fin de semana o III Torneo de Ximnasia Artística "Concello de Fene". O sábado 4 terá lugar o torneo na categoría base e vía olímpica, entre as 9,15 e as 13,30 horas e de 15,30 a 19,30 horas, coa participación de 161 deportistas. Así mesmo, o domingo 5 celebrarase a categoría escolar, de 9 a 13 horas e 124 participantes.
30-04-2019 -

A pintora Carmen Prado trae a súa mostra “Novos PersonaXes” a Fene

A pintora Carmen Prado exporá a súa obra na Casa da Cultura de Fene. Este xoves ás 19 horas abrirase ao público, coa presenza da artista, a mostra de pintura “Novos PersonaXes”. E, a partir de entón, poderá visitarse ata o 14 de maio de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
24-04-2019 -

O Concello de Fene convida a vir a Magalofes para percorrer a ruta das fontes

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá da celebración, este sábado 27 de abril, da Andaina “Ruta das Fontes”. Unha actividade para vir e disfrutar de Magalofes que conta coa colaboración da entidade veciñal. Está incluída no programa municipal “Vén a Fene. Vén a Magalofes” e celebrarase en horario de mañá.

Non se precisa de inscrición previa e basta con presentarse ás 11 horas no local social da AVV de Magalofes, de onde partirá para descubrir as principais fontes da parroquia, un patrimonio único que non defraudará.
24-04-2019 -

O Concello celebra sábado a Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza este sábado, 27 de abril, a tradicional Xuntanza de Palilleiras e outras labores tradicionais. A día de hoxe, máis de 400 palilleiras de diferentes localidades da xeografía galega teñen confirmada a súa asistencia á cita, que dará comezo ás 10,30 horas coa apertura do pavillón da Xunqueira, en San Valentín, e a recepción aos participantes. Así mesmo, a inauguración da xuntanza está prevista para as 11,30 horas e, a partir dese momento, o público asistente poderá comprobar a depurada técnica e traballo de palilleiras de todas as idades.
22-04-2019 -

O Concello conmemora o Día do Libro agasallando obras aos usuarios da Biblioteca e con contacontos infantil

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o Concello de Fene conmemorará este ano o Día do Libro duplicando as obras que os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé poden levar en préstamo. Deste xeito, queda así: 10 libros, 4 audiovisuais, 4 sonoros, 4 revistas e 2 arquivos de ordeador como máximo por persoa. Así mesmo, recibirán como agasallo un libro.
 
16-04-2019 -

Clube Atletismo Fene, campión de Galicia de Maratón

O Clube atletismo Fene fixo historia no Campionato de Galicia de Maratón ( 42, 195 Km ) celebrado en Coruña o domingo dia 14. Proclamáronse campións galegos por equipos nun dia no que o desenvolvemento da carreira a moitos participantes lles afectaron as circunstancias de moita calor con humidade e vento en parte do circuíto.
16-04-2019 -

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas durante a Semana Santa

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas durante esta Semana Santa. O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 19 horas), dende o xoves ata domingo. A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrecerase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva.
 
15-04-2019 -

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas durante a Semana Santa

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas durante esta Semana Santa. O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 19 horas), dende o xoves ata domingo.
15-04-2019 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este luns e martes

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Fene este luns e martes, 15 e 16 de abril. O luns, permanecerá diante do centro de saúde en horario de tarde –de 15,30 a 21 h- e, o martes, durante todo o día –de 9,30 a 14,30 h e de 15,30 a 21 h-. Dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
 
12-04-2019 -

Presentación da XXV Festa da Orella este domingo coa actuación de Blues do País

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá que o programa municipal “Ven a Fene” continuará este domingo 14 de abril en Limodre. No local social da AVV, e a partir das 13,30 horas, celebrarase o acto de presentación da XXV edición da Festa da Orella –Gastrofesta-. Daranse os detalles dun certame gastronómico consolidado xa no calendario festivo comarcal e o público poderá disfrutar tamén da actuación estelar do grupo “Blues do País”.