Novas

09-11-2018 -

Fene acolleu o curso Xuntos nos Coidados para coidadores de persoas afectadas de alzheimer

Unha veintena de persoas tomaron parte no curso Xuntos nos Coidados que se celebrou esta semana no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene. Unha acción formativa gratuíta dirixida a persoas con familiares a cargo afectados de alzheimer ou outro tipo de demencia. O curso desenvolveuse en dúas sesións. Á primeira dela asistían a presidenta de AFAL Ferrolterra, Ana María López, e a vicepresidenta, Montse López, entidade que imparte o curso, así como o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a edil de Benestar, Juana Couto, concello que colabora coa iniciativa, impulsada pola Federación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social. Todos eles aproveitaban a oportunidade para dar a coñecer o labor que desenvolve AFAL a favor das persoas afectadas e das súas familias e coidadores, con dous centros de día terapéuticos en Ferrol. Tamén dos diferentes cursos que o Concello, municipio solidario co alzheimer, desenvolve ó longo do ano nesta materia. Así mesmo, o alcalde avanzaba a próxima celebración de charlas sobre a enfermidade nas parroquias. Charlas que impartirá AFAL e cuxo calendario se dará a coñecer nas próximas semanas.
08-11-2018 -

Arranca en Fene o curso de carpintería e moble do obradoiro de emprego REINICIA V

A acción formativa, de nove meses de duración, estase a desenvolver na Nave Municipal de San Marcos, na parroquia de Sillobre, e na mesma participan dez alumnos e alumnas. Dito obradoiro combina formación e traballo, polo que os seus alumnos teñen un contrato de formación.
08-11-2018 -

O ciclo de monólogos continúa este venres co actor Marcos Pereiro e a súa experiencia sobre "Como ser armario empotrado"

O ciclo de monólogos "Novembro, Mes do Humor" que promove a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa continúa este venres, 9 de novembro, da man do actor Marcos Pereiro e as súas claves sobre "Como ser armario empotrado". Terá lugar no Museo do Humor de Fene, con entrada de balde pero con necesaria retirada de convite –dúas por persoa-, o mesmo venres a partir das 18,30 horas na conserxería da Casa da Cultura. A función dará comezo ás 21 horas, trala inauguración da exposición "Pinto&Chinto. 25 anos” prevista para ese mesmo día ás 20 horas.
07-11-2018 -

O Concello de Fene inaugura este venres a exposición Pinto&Chinto. 25 anos

"Pinto&Chinto. 25 anos" é o título claro e conciso da nova exposición que este venres, 9 de novembro, inaugura o Concello de Fene na Casa da Cultura sobre a obra de dous dos maiores referentes do humor gráfico galego. Unha mostra orixinal e sorprendente que constrúe un percorrido sobre a producción gráfica periodística de Pinto e Chinto.
06-11-2018 -

Proxección da curta "MIÑA" e foro sobre a violencia de xénero este xoves en Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este xoves, 8 de novembro, a proxección da curta "MIÑA", do director Michael J. Cassidy, e un foro/debate posterior con profesionais especializados onde se tratará o abordaxe da violencia de xénero no ámbito veciñal. Será a partir das 19 horas con entrada libre e de balde.
06-11-2018 -

Teatro e fotografía para concienciar sobre a situación das persoas refuxiadas no IES de Fene

O IES de Fene acollerá ó longo desta semana unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Fene.
05-11-2018 -

Arrancan as obras de mellora do firme e sinalización no polígono de Vilar do Colo

Os Concellos de Cabanas e Fene iniciaron estes días unha actuación conxunta de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo. Unha intervención adxudicada nuns 100.000 euros que os dous concellos financiarán ó 95% cunha achega procedente da Consellería de Economía.
02-11-2018 -

O Concello investirá uns 80.000 euros en obras na fachada do CPI A Xunqueira e nos vestiarios do campo dos Pinares

Tras conseguir deixar a cero a débeda bancaria, o Concello de Fene está en disposición de recurrir ó superávit para financiar obras e actuacións demandadas pola veciñanza. Con este obxectivo, o goberno local integrado por PP e Somos Fene levaba ó pleno do pasado mércores unha modificación de crédito que permitirá dotar de orzamento unha serie de actuacións en materia de obras e adquisición de equipamento.
02-11-2018 -

O Concello dá vía libre á licitación das obras para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras e aglomerar a rúa Porto do Río

As obras para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras e para acondicionar a rúa Porto do Río superaron o último trámite administrativo previo á súa licitación. O pleno, reunido o mércores pola tarde, daba o seu visto bo á proposta do goberno municipal que integran PP e Somos Fene para declarar ambas intervencións, como marca o procedemento, investimentos financieramente sustentables.
31-10-2018 -

O Concello de Fene convida á veciñanza ó ciclo de monólogos "Novembro, mes do humor"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá a posta en marcha do ciclo de monólogos "Novembro, mes do humor". Un ciclo que comezará este venres coa actuación do dúo Aldaolado e que terá continuidade nos seguintes venres de mes con monólogos de Marcos Pereiro, Carmen Méndez, Caxoto e Federico Pérez. Coma en anos anteriores, as entradas serán balde pero con necesaria retirada de convite.