Novas

06-06-2018 -

A totalidade das prazas de “Verán máis Alá!” cubriranse con familias empadroadas en Fene

No primeiro día de preinscrición no programa municipal “Verán máis Alá!”, a Concellería de Cultura recibiu ata media mañá 150 solicitudes, co que a día de hoxe 30 persoas están xa en lista de agarda á espera do reaxuste que se poida realizar polas matriculacións por quincenas. Nesta liña, a concelleira de área, Rocío Bértoa, sinala que a lista de agarda aínda pode aumentar, xa que o prazo reservado para a veciñanza de Fene continuará hoxe ata as 19 horas e mañá xoves. Así as cousas, apunta que o Concello vese na obriga de non abrir o prazo de matriculación para veciños e veciñas doutros concellos, xa que non vai haber prazas. Inicialmente, ese trámite agora descartado estaba fixado para o venres. Así, as 120 prazas por quincena cubriranse con nenos e nenas empadroados no municipio.
05-06-2018 -

O Concello abre este mércores a inscrición no programa municipal “Verán máis Alá!”

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, abrirá este mércores e xoves o prazo de inscrición no programa “Verán máis Alá!”, que se celebrará do 2 ó 27 de xullo no CEIP Centieiras para nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2014 e que cursen estudos de Educación Infantil e Primaria. As familias de Fene interesadas en optar a unha das 120 prazas por quincena que oferta o Concello deben anotarse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44 entresollado dereita). O mércores 6 de xuño poden facelo de 8 a 19 horas e o xoves 7 de xuño de 8 a 14 horas. Así mesmo, e de quedar algunha praza vacante, o programa abrirase a veciños doutros concellos, que poderán formalizar o trámite o venres 8 de xuño de 8 a 14 h.
04-06-2018 -

A mostra que conmemora os 20 anos do Fondo Galego de Cooperación prolonga a súa estancia en Fene ata o 22 de xuño

A mostra coa que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conmemora os seus vinte anos de andaina permanecerá no CPI A Xunqueira, ata o 22 de xuño. Amplía así o prazo previsto inicialmente (31 de maio). A exposición ‘20 anos a Fondo coa solidariedade’ permite divulgar o labor realizado por esta entidade, recoñecida como axencia municipal da cooperación galega, da que o Concello de Fene forma parte activa.
01-06-2018 -

O Concello inicia os traballos de limpeza das cunetas en todos os camiños municipais

O alcalde, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá o inicio dos traballos de limpeza das cunetas de todos e cada un dos camiños de titularidade municipal. Isto é, actuarase ó longo de 22 quilómetros de viais. Para iso, destinaranse tres operarios, que se valerán dunha pala e un camión. Cunha duración estimada das tarefas dun mes, os traballos requerirán dun investimento duns 27.000 euros.
01-06-2018 -

Fene inaugura este sábado a exposición fotográfica colectiva “Tempo”

Carmen Carballada, María Fernández, María Seage, Malena Carballo, Martina Barcia, Irene Expósito, Suso Piñeiro, Javier Fariñas e José Fonticoba asinan as obras da exposición fotográfica colectiva “Tempo” que se inaugura este sábado, 2 de xuño, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor. O acto dará comezo ás 12 horas e estará presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, acompañado da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e a el está convidada toda a cidadanía.
31-05-2018 -

Últimas prazas libres nos bautismos de mergullo para nenos, adultos e persoas con diversidade funcional organizados polo Concello de Fene

A Concellería de Deportes de Fene informou esta mañá de que aínda queda algunha praza libre no programa de bautismos de mergullo que celebrará ó longo do mes de xuño. Así, no grupo de adultos hai seis prazas libres; unha no de menores e outra no de bautismos de mergullo adaptado. As persoas interesadas en tomar parte no programa poden inscribirse no pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín (de luns a venres de 9 a 13,30 h e os mércores de 16,30 a 19 h). O programa, que impulsa o Concello, conta coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus.
31-05-2018 -

Conferencia sobre o Camiño Inglés a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez este venres na Casa da Cultura de Fene

Baixo o título “Onte e hoxe do Camiño Inglés en Inglaterra e nos países nórdicos”, o xornalista e divulgador da ruta xacobea Cristóbal Ramírez ofrecerá unha conferencia este venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura de Fene. Dará comezo ás 19 horas e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
30-05-2018 -

Entrega de diplomas ás persoas participantes no obradoiro “Licenza para rir” promovido polo Concello de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, entregaron os diplomas ós veciños e veciñas que acudiron durante o curso ás sesións, impartidas pola técnica Clara González.
30-05-2018 -

Aberta a preinscrición en Fene para participar nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación

O Concello informou esta mañá de que Fene contará con cinco prazas no programa Campamentos Deportivos 2018 da Deputación provincial da Coruña. Un programa dirixido a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, cumpridos neste ano, que se desenvolverá nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
29-05-2018 -

Éxito de participación na XXV edición da Milla Escolar do Concello de Fene

O Concello de Fene acolleu o pasado domingo a XXV edición da Milla Escolar, na que se inscribiron 375 nenos e nenas dos centros educativos do municipio. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, destacou o éxito de participación nunha cita que, neste 2018, alcanzaba o cuarto de século de vida.