Novas

10-04-2018 -

Nomeamentos do novo Goberno Municipal

Publicadas as Resolucións da Alcadía 393/2018 e 390/2018, relativas a modificación das áreas de goberno e ao nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local e Tenentes de Alcalde.
09-04-2018 -

Alumnado da Escola Municipal de Judo acadan podio na fase norte do campionato

Os judokas Daniel Martínez e June Moreno, da Escola Municipal de Fene, veñen de clasificarse para a fase final do Campionato Galego Infantil logo de acadar brillantes resultados na Fase Norte da competición que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Vilalba. Na categoría de -60kg, Daniel Martínez fíxose coa prata, e en +63kg, June Moreno o bronce.



09-04-2018 -

Gumersindo Galego novo alcalde de Fene

O Concello de Fene celebrou o pasado venres día 6 de abril o pleno extraordinario no que  se debateu a moción de censura impulsada no mes de outubro polo Partido Popular e Somos Fene
06-04-2018 -

O Concello destina algo máis de 15.000 euros a un completo programa de rebacheos polo territorio

O proxecto ten como finalidade facer traballos de mantemento que veñen complementar proxectos de maior envergadura acollidos a programas como o POS+ provincial.
05-04-2018 -

“As mulleres” de Yolanda Vizoso amosaranse a partir do vindeiro luns en Fene

A cor inundará a sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene nas vindeiras semanas cunha exposición de pintura da artista fenesa Yolanda Vizoso. A mostra abrirá ao público o vindeiro luns, 9 de abril, e poderá visitarse até o día 30.
03-04-2018 -

O Concello renova o tatami do ximnasio da Casa da Cultura

Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
03-04-2018 -

Doa sangue, ti das o tipo

Hoxe, martes 3 de abril áchegate a Casa do Concello e doa sangue, recbirás como agasallo unha camiseta solidaria do Depor ou do Celta.
28-03-2018 -

A caseta de Turismo abre as súas portas na Semana Santa

A Oficina de Información Turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta do xoves ao domingo ao público no seguinte horario: De 10:30 a 13:00  h e de 17:00 a 19:00 h.
27-03-2018 -

O alumnado do Programa Inicia II coloca unha nova varanda entre a rúa Machuco e a Avenida da Cooperación

O mércores 28 de marzo darase por finalizado o programa de formación e emprego Inicia II, actuación enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, que se desenvolve en Fene desde o pasado mes de setembro.
26-03-2018 -

O Concello mellora a accesibilidade á Torre III de San Valentín

O pasado venres desenvolvéronse en San Valentín os traballos de tala de dúas das palmeiras que hai diante da Torre III do barrio, como paso previo ao ancheado da vía de saída do aparcadoiro situado ao seu carón.