Novas

10-01-2018 -

Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 12 de xaneiro, un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero.
05-01-2018 -

Vinte paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata de Fene

Todos os/as nenos/as que se apuntaron para participar como paxes reais na cabalgata das SS.MM. os Reis Magos de Oriente tomarán parte no desfile de hoxe 5 de xaneiro.
03-01-2018 -

A camisola verde do Atletismo Fene, máis presente que nunca nas probas de fin de ano

Como colofón ao ano atlético, celebráronse na comarca de Ferrolterra tres carreiras de fin de ano, que serviron ao clube Atletismo Fene para escenificar o seu crecemento, tanto en cantidade como en calidade humana e deportiva dos nosos atletas.
03-01-2018 -

O programa experimental Artabria Emprega IV ofrécelle formación a 85 persoas desempregadas

O Concello de Fene participa xunto con Cabanas, Neda, Ares, Mugardos e Pontedeume no programa Artabria Emprega IV, dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción de persoas en situación de desemprego.
02-01-2018 -

Oito nenos e nenas de Fene participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007.
29-12-2017 -

O Concello aproba a Oferta de Emprego Público para a cobertura de 6 postos de traballo

O goberno local de Fene reuniuse este xoves con representantes dos grupos da oposición, da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa, ademais da parte sindical da CIG, CSIF e UGT, para dar conta da proposta de Oferta de Emprego Público no Concello de Fene correspondente a esta anualidade.
26-12-2017 -

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía anuncia para as vindeiras horas fenómenos meteorolóxicos adversos por vento e costeiros de nivel laranxa. Perante estas prediccións, a Dirección Xeral de Emerxencias pide á poboación que adopte as medidas preventivas necesarias e que, ante calquera emerxencia, chame ao 112.
26-12-2017 -

Semana de maxia e contos na Casa da Cultura de Fene

Con maxia de perto, xogos de cartas, cordas e panos, o mago Pedro Bugarín engailou aos pequenos/as -e non tan pequenos/as- que asistiron á primeira función do ciclo de maxia e contos que organiza a Concellería de Cultura de Fene no Nadal. O espectáculo, titulado "Mundo máxico", reuniu no salón de actos da Casa da Cultura a máis de medio de cento de persoas. 
26-12-2017 -

O Concello asina convenios con Aspaneps, Cáritas e a Fundación Amigos de Galicia por valor de 16.500 euros

O Concello de Fene destinou este ano unha partida de 16.500 euros a colaborar coas entidades que traballan no municipio axudándolles ás persoas con menos recursos económicos e tamén a aquelas cunha discapacidade psíquica.
22-12-2017 -

O Gran Circo Artístico

Ao redor dun cento de ximnastas tomarán hoxe  venres, 22 de decembro, nun novo Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra. O evento comezará ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.