Novas

25-10-2017 -

Curso sobre móbiles intelixentes que imparte Benestar e Servizos sociais

Será o venres na Aula de Formación da Avenida Naturais de Fene 44 pola mañá e aínda quedan algunhas prazas libres. Para anotarse nesta acción formativa hai que contactar co Concello a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou do teléfono 981 342 607.
24-10-2017 -

O Concello de Fene licitará obras por valor de 418.000 euros nos próximos días

Tres proxectos sufragados con cargo ao POS+ deste ano aos que se lle une un cuarto que contará con finanzamento do Plan de Aforro e Investimentos de 2016. As obras consistirán no reforzo da Rúa Alta e a reparación da rúa Ameneiral, xunto con melloras na escola unitaria de Magalofes e no acceso a Vilar do Colo. Porén, as de maior contía ocuparanse de redes de augas residuais, xa que máis de 304.000 euros irán parar ao saneamento no Feal e no Regueiro e á eliminación das verteduras do barrio de San Valentín.
23-10-2017 -

As Parábolas de Pakolas na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Fene Xosemaría Pérez Parallé conmemorará mañá martes 24 de outubro o Día das Bibliotecas coas Parábolas de Pakolas. A actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos desenvolverase na Biblioteca municipal ás 18.00 h con entrada de balde até completar aforo.
21-10-2017 -

35 persoas participan nos obradoiros de formación e emprego do Concello de Fene

O alcalde de Fene, Juventino Trigo e  Sandra Permuy -titular da área de Formación e Emprego- visitaron na mañá do venres  o curso de tubaxes metálicas que se imparte na nave de servizos de San Marcos para intercambiar impresións co alumnado sobre os contidos do propio curso e sobre as expectativas laborais que teñen os participantes para cando rematen.
20-10-2017 -

Finalizan as obras da Rúa Travesa

Nesta infraestrutura investíronse cerca de 30.000 euros. Non serán os únicos que vaian parar a esta zona próxima ao centro urbano de Fene, xa que en escasos días tamén se licitará a reparación da Rúa Alta, que conecta a Travesa co cruzamento de Tarrío.
18-10-2017 -

A familia do poeta Xosemaría Pérez Parallé realiza unha importante doazón ao Concello de Fene

A idea da familia e do actual equipo de goberno de Fene é que con este material se poida crear na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene  un recuncho para a lembranza do poeta.
18-10-2017 -

Doazón de sangue

O venres e sábado, 20 e 21 de outubro respectivamente, achégate a unidade mobil diante da Casa do Concello e doa. Doar sangue é acto cómodo, sinxelo e que non prexudica a nosa saúde permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida
17-10-2017 -

O Concello adxudica as obras das Pías en 244.600 euros

O plan de traballo contempla entre outros a renovación das redes de abastecemento de auga que discorren pola marxe sur da estrada FE-14, posto que teñen unha antigüidade superior a 40 anos e son foco habitual de roturas e fugas.
16-10-2017 -

Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene

O martes 17 de outubro, de 18.30 h a 19.15 h, a Biblioteca Municipal acolle Percubebé, actividade dirixida a nenos/as de 0 a 4 anos.
16-10-2017 -

Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

Os traballos do concurso escolar que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas están expostos dende hoxe na Casa da Cultura de Fene