Novas

18-10-2017 -

A familia do poeta Xosemaría Pérez Parallé realiza unha importante doazón ao Concello de Fene

A idea da familia e do actual equipo de goberno de Fene é que con este material se poida crear na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene  un recuncho para a lembranza do poeta.
18-10-2017 -

Doazón de sangue

O venres e sábado, 20 e 21 de outubro respectivamente, achégate a unidade mobil diante da Casa do Concello e doa. Doar sangue é acto cómodo, sinxelo e que non prexudica a nosa saúde permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida
17-10-2017 -

O Concello adxudica as obras das Pías en 244.600 euros

O plan de traballo contempla entre outros a renovación das redes de abastecemento de auga que discorren pola marxe sur da estrada FE-14, posto que teñen unha antigüidade superior a 40 anos e son foco habitual de roturas e fugas.
16-10-2017 -

Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene

O martes 17 de outubro, de 18.30 h a 19.15 h, a Biblioteca Municipal acolle Percubebé, actividade dirixida a nenos/as de 0 a 4 anos.
16-10-2017 -

Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

Os traballos do concurso escolar que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas están expostos dende hoxe na Casa da Cultura de Fene
11-10-2017 -

Partido Popular e Somos Fene rexistran a proposta de moción de censura contra Juventino Trigo

O vindeiro 26 de outubro, ás 12.00 h celebrase un pleno presidido tal e como marca a lei pola Mesa de idade. A Mesa limitarase a ler o texto da moción de censura e a cederlles a palabra, por esta orde, ao candidato á alcaldía, ao alcalde e aos portavoces de cada grupo, que poderán exercer ou non ese dereito.
11-10-2017 -

Pintura ao servizo da integración e a humanización de espazos públicos

O Concello impulsa a mellora de espazos urbanos cun proxecto de integración social. A iniciativa desenvolveuse no Barrio de San Valentín e no vindeiros días traballarán nas escaleiras laterais da Casa da Cultura converténdoas nun teclado de piano.
10-10-2017 -

Exposicións dos premios "Curuxa 2017"

Corenta e cinco debuxos conforman a mostra de humor gráfico “Premios Curuxa 2017” que se pode ver durante os meses de outubro e novembro na sala de exposicións temporais do Museo do Humor de Fene.
06-10-2017 -

A Biblioteca de Fene anima ás crianzas a participar nos xogos do Paporrubio

“O Paporrubio” primeira das actividades que organiza a Biblioteca Municipal de Fene para este outono. A cita na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o martes 10 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas.
05-10-2017 -

O Pleno de Fene aborda na sesión de outubro a devolución do Pazo de Meirás

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que pretende colleitar o máximo apoio institucional e social para que o pazo pase formar parte do patrimonio público.