Novas

15-06-2017 -

O vindeiro luns abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán

As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 8.30 a 14.00 horas.
15-06-2017 -

Testamento Vital e Lei de Morte Digna

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por +Vida organizan unha charla-coloquio sobre "Testamento Vital e Lei de Morte Digna. Dereitos e garantía da dignidade das persoas enfermas terminais" impartida por Emilia Irimia, presidenta da Asociación Dereito a Morir Dignamente de Galicia (DMD)
15-06-2017 -

9ª andaina conmemorativa do Programa de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica.

Fene acolle este domingo a 9ª andaina conmemorativa do Programa de Educación Física Contra a Fatiga Oncolóxica.
15-06-2017 -

Aviso corte auga

Aviso corte de auga por melloras na rede de abastacemento
14-06-2017 -

Obradoiro de autodefensa persoal para mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.  
14-06-2017 -

Obradoiro de autodefensa persoal para mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.  
13-06-2017 -

Abanca non pechará a oficina de San Valentín

Abanca adoptou finalmente o compromiso de non pechar e de asegurar que o servizo se siga prestando como ata agora.
13-06-2017 -

O vindeiro sábado 17 de xuño celebrarase no Concello de Fene a segunda edición da Fashion Night

As rúas e prazas de Fene acollerán dende ás 18.00 h do sábado 17 de xuño desfiles onde se presentarán as novidades e propostas de moda para esta tempada, actuacións musicais, talleres e exhibicións de baile das escolas de Fene.
13-06-2017 -

Apertura de prazo de Reserva de prazas para as escolas da piscina e do Pavillón A Xunqueira de Fene

Os veciños e veciñas de Fene, matriculados no mes de xuño, poderán reservar a súa praza dende o xoves 15 ao mércores 28 de xuño (ambos  inclusive).
13-06-2017 -

Fene entrega os premios do X Concurso de Tapas

O salón de plenos de Fene acolleu na tarde de onte o acto de entrega dos premios do X Concurso de Tapas organizado polo Concello entre o 5 e o 28 de maio coa participación de 20 establecementos hostaleiros.