Novas

12-06-2017 -

Comezan os bautismos de mergullo adaptado

A piscina municipal de Centieiras acolleu o pasado sábado a primeira das xornadas de mergullo adaptado que organiza a Concellería de Deportes de Fene.
12-06-2017 -

Listado de admitidos/as no verán máis alá

As familias dos nenos/as inscritos realizarán o ingreso bancario do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do venres 16 de xuño.
09-06-2017 -

XXX Edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Perez Parallé

O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene convoca, coa colaboración do Concello de Fene, a XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
09-06-2017 -

Exposición de fotografía surrealista e conceptual na Casa da Cultura de Fene

“Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”. É o título da nova exposición que se amosará dende o vindeiro luns na Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22).
09-06-2017 -

Alimentación saudábel

Obradoiros destinados a familias que se desenvolverán o 13 é o 20 de xuño de 18.30 ha 20.00 h no ACRD O POTE- Maniños
09-06-2017 -

A mocidade activa contra o acoso escolar

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve   o proxecto  de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, no que se enmarcan o programa  de  MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería  de Sanidade.
09-06-2017 -

Encontro institucional coa parlementaria Ana Pontón en Fene

A parlamentaria Ana Pontón mantivo onte, xoves 8 de xuño, un encontro institucional co goberno local de Fene de cara a coñecer os proxectos nos que está a traballar o Concello así como aquelas prioridades que se queren trasladar desde o municipio á cámara galega.
08-06-2017 -

Marcha Ciclista Popular “Concello de Fene”

A Concellería de Deportes de Fene organiza para este domingo 11 de xuño unha nova Marcha Ciclista Popular, actividade familiar non competitiva coa que se pretende fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables. A proba comezará ás 11.00 horas na Praza do Alcalde Ramón Souto González (Praza do Concello) e terá unha duración aproximada de dúas horas.
08-06-2017 -

"Sons diversos" na Casa da Cultura de Fene con Sofía Espiñeiro Trío

A cantautora mugardesa Sofía Espiñeira, gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo 2015, presenta este venres en Fene o seu primeiro traballo discográfico.
Con este concerto, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura,  chega ao seu fin o ciclo “Sons diversos” que organizou durante os meses de maio e xuño a Concellería de Cultura de Fene, no marco do programa “Cultura no Camiño´17”. Entrada de balde até completar o aforo (120 localidades).
 
07-06-2017 -

Cubertas as 120 prazas do Verán máis alá

O Departamento de Cultura infórmanos que na mañá do 7 de xuño cubríronse as 120 prazas do Verán máis alá. As solicitudes que se entreguen esgotadas as prazas pasarán a unha lista de agarda. Deste xeito, o horario de atención ao público será até as 14.30 h en lugar do horario ininterrompido anunciado previamente.