Novas

06-06-2017 -

O Concello de Fene prevé investir 107.000 euros na zona das Chancas

Entre os proxectos presentados polo Concello ao POS+ provincial figura a mellora do camiño do Cádavo ás Chancas, na parte baixa da parroquia de Perlío. En realidade as actuacións programadas son tres, unha no tramo final da rúa Río Cádavo -onde recentemente se fixo unha reparación provisional-, outra na rúa Baixa e a terceira na propia rúa das Chancas. Nelas prevese substituír o firme parcheado durante anos por un novo de aglomerado. Porén, antes diso executarase unha completa renovación das canalizacións soterradas, tanto da subministración da auga como do saneamento. O importe total das obras está cuantificado en algo máis de 107.000 euros.
06-06-2017 -

Choiva de medallas no campionato galego de Ximnasia Artística para o Club Ximnasia Artística Ferrolterra

O Club Ximnasia Artística Ferrolterra volve estar de noraboa a tenor dos excelentes resultados que veñen de acadar as súas ximnastas no Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina que tivo lugar na cidade da Coruña o pasado sábado.
05-06-2017 -

Inscricións para o verán máis alá

O mércores desta semana, 7 de xuño, abre o prazo para apuntar aos nenos/as ao Verán Máis Alá de Fene, programa de conciliación da vida laboral familiar  que vai dirixido ao alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria (idades de referencia, de 3 a 12 anos). Como en anos anteriores, o Concello dará prioridade á hora de inscribirse aos  pequenos/as empadroados en Fene.
05-06-2017 -

Contacontos para bebés na biblioteca municipal de Fene

A  sala infantil da biblioteca Xosemaría Pérez Parallé acolle este martes o espectáculo de contos, luz e sombras “A lúa na xanela”, de Sherezade Bardají. A función comezará ás 18.00 horas e vai dirixida a nenos/as de 0 a 3 anos.
Segundo informan dende a biblioteca municipal, para asistir a esta actividade é precisa inscrición previa e, a día de hoxe, as prazas -20 bebés que poderán ir acompañados como máximo dun adulto- xa están esgotadas.

En “A lúa na xanela”, Xiana ten un segredo. Dentro dos seus paraugas “agóchase o sol, a lúa e un monstro que come tomates. Dentro da súa maleta agóchase un peixe, unha estrela e un monstro que fai cóxegas. Ti tes algún segredo na túa mochila?”
02-06-2017 -

Fene concorre a dúas convocatorias de obradoiros de emprego

O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas concorre ás dúas convocatorias de obradoiros de emprego publicadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
02-06-2017 -

Exposición as bestas da redención. Os doce traballos de Hércules na Casa do Concello

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle dende este venres, 2 de xuño, a exposición “As Bestas da Redención. Os doce traballos de Hércules”.
01-06-2017 -

Aberto o prazo preinscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación Provincial

O Concello de Fene contará con 5 prazas no programa “Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña. O campamento está destinado a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (cumpridos no presente 2017).
31-05-2017 -

Fin de Curso no Obradoiro "Licenza para Rir" do Museo do Humor de Fene

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, entregaron onte á tarde os diplomas ás participantes no obradoiro Licenza para rir 16/17 que se desenvolveu no Museo do Humor de Fene dende o mes de outubro do pasado 2016 até finais deste mes de maio.
31-05-2017 -

Roger de Flor e Amparo Arias no Ciclo Sons Diversos

O programa Sons Diversos, que organiza a Concellería de Cultura, trae esta semana a Fene ao dúo de pop-folk galego formado polos feneses Amparo Arias e Roger de Flor. O concerto será este venres, 2 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22). A entrada será de balde e libre até completar o aforo (120 localidades).
31-05-2017 -

V Ruta Mini BTT Concello de Fene

O Concello de Fene e o Club BTT Fene organizan a V Ruta Mini BTT (Bicicleta Todo Terreo) que terá lugar o  vindeiro sábado, 3 de xuño, a partir das 17.00 horas na zona verde municipal fronte ao pavillón polideportivo da Xunqueira, a carón do Paseo Marítimo de San Valentín.