O pavillón da Xunqueira de San Valentín acolleu o pasado domingo, 28 de maio, a XXIV Milla Escolar “Concello de Fene” coa participación de preto de 400 nenos/as de Fene e comarca.
O vindeiro luns, 29 de maio, abre o prazo para inscribirse nos bautismos de mergullo que organiza a concellería de Deportes de Fene, coa colaboración do Club de Actividades Subacuáticas Nautilus.
O Concello de Fene, o CMI Unidade de Fene e a delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol Sala organizan para este sábado, 27 de maio, o I Torneo de Fútbol Sala para nenos/as da categoría Biberón.
Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).
Por motivos de organización e a petición de moitas empresas ,a data do NETWORKING pasa do día 25 de maio para o día 8 de xuño as 20:15h. A nova data límite para inscribirse é o 5 de xuño
O cuarteto de swing, boogie-woogie e dixieland Las Lollipops protagoniza este venres a segunda función do ciclo “Sons Diversos” que organiza a Concellería de Cultura de Fene no marco do programa “Cultura no Camiño”.